Skip to Content

Novidades na configuración de temas e bloques na versión 5.1

¡Novidades importantes!

A partires da versión 5.x cada tema (plantilla) permite personalizar os bloques que desexemos ter activados ou desactivados.

Deste xeito cando cambiamos o tema da páxina debemos de asegurarnos previamente de que estén activados os bloques que nos interesan.

Para facer esta comprobación deberemos:

  • Ir ó menú Administrar > Contrución da páxina > Bloques
  • Aí veremos na parte superior enlaces ás diferentes 'opcións dos temas', por exemplo: 'opcións de B7 Green'.
  • Premendo sobre este enlace de opcións de cada tema podemos comprobar o estado dos bloques: si están activados ou desactividado e en que rexión aparecen ubicados.
  • Deberemos comprobar que os bloques que empregamos estén activados. De non ser así haberá que activalos e ubicalos na rexión correspondente (barra lateral esquerda, barra lateral dereita...)
Con esta actualización permítese unha maior personalizacion de cada tema, pero corremos o risco de seleccionar un tema que non teña activados os menús, co cal non pederiamos acceder as diferentes seccións da nosa web.


page | by Dr. Radut