¡Novidades importantes!
A partires da versión 5.x cada tema (plantilla) permite personalizar os bloques que desexemos ter activados ou desactivados.
Deste xeito cando cambiamos o tema da páxina debemos de asegurarnos previamente de que estén activados os bloques que nos interesan.
Para facer esta comprobación deberemos:
- Ir ó menú Administrar > Contrución da páxina > Bloques
- Aí veremos na parte superior enlaces ás diferentes 'opcións dos temas', por exemplo: 'opcións de B7 Green'.
- Premendo sobre este enlace de opcións de cada tema podemos comprobar o estado dos bloques: si están activados ou desactividado e en que rexión aparecen ubicados.
- Deberemos comprobar que os bloques que empregamos estén activados. De non ser así haberá que activalos e ubicalos na rexión correspondente (barra lateral esquerda, barra lateral dereita...)