Importar foro dende blogger
Estou intentando importar un foro dende blogger a drupal polo problema que pode haber cas fotos dos menores. A solución que atopei é migrar o blogue a wordpress e logo instalar en drupal o módulo worpress import. Na instalación local da miña casa, tanto en drupal 5.18 como 6.0 funciona, pero na do centro aínda que active dito módulo logo non aparece no mantenemento de usuarios no control de acceso, polo que non podo usalo
- APIs de Blogue
Soporte Webs Dinámicas
Dende o Proxecto Webs Dinámicas tentamos standarizar os procesos técnicos polo que non nos é posible dar soporte a instalacións que salan da lista de módulos que enviamos instalados ós centros. Non é nada recomendable que os centros instaledes novos módulos sin consultar. Entendemos as diferentes necesidades dos centros pero nós debemos pensar no conxunto.
Ademáis, coa migración a multisite cortaremos o acceso á estructura de carpetas por ftp así como o acceso ás bases de datos dos centros participantes. Doutro xeito o proxecto descontrolaríase xa que superamos os 660 centros.
De tódolos xeitos tomamos nota do módulo wordpress import por si resultara interesante para o proxecto.
Un saúdo
Acceso por ftp