O curso pasado subín á aula virtual todo o alumnado do centro empregando un arquivo CSV. O problema co que me atopo agora é que se quero eliminar o alumnado que xa non está teño que facelo un por un, co que na práctica non é viable.
¿Como pode facerse? ¿Non hai algunha forma de entrar en táboa ou (mellor) de eliminar todos os usuarios que posúan un rol determinado?
Namentres resolvo o tema, e para poder botar a andar a aula este curso, volvín a subir o alumnado cun CSV (a partir da folla Excel que bota Xade -que, por certo, tamén podería xerar directamente o CSV de marras-). Desta volta (empreguei o Calc de OpenOffice) esquecín cargarme as " que delimitan os campos de texto, co que observo que todos os nomes, etc teñen as comiñas (na miña opinión é un fallo do Moodle, pois o delimitador " é un estándar -mesmo aconsellado- no formato CSV).
Total, que volvín a subir ao alumnado, co que agora teño 1788 usuarios!. Tela marinera!
Please, ademais de axudarme a non sentirme parvo, botádeme unha man. E non fagades como o tipo da UAC que me colleu o teléfono que me mandou a unha páxina na que se falaba de usar o NonseiquePHP e da que saín pensando que xa me chegou cando aprendín C++ e wxWidgets (quero dicir con isto que xa non teño idade, nin tempo, nin gañas de aprender PHP). Por certo que o tipo dixo que xa me chamarían e aquí estou esperando...
Alta usuarios e mantemento
Boas.
Relacionado con este tema:
Temos creados os cursos (aulas) para cada grupo. Que campos ten que ter o CSV para automatizar o proceso de matriculación?
Hai forma de ao dar de alta usuarios clasificalos/categorizalos dalgún xeito? Alguén o está facendo?
Como impedir que os usuarios se inscriban noutros cursos?
Grazas
CEIP San Marcos - Abegondo
WD / UAC
Eliminar usuarios de xeito masivo
Efectivamente compañeiros, nesta versión non hai forma de eliminar os usuarios de xeito masivo. O que recomendamos nós é utilizar unha combinación de rato e atallos de teclado para facer máis dinámica a súa eliminación. Por exemplo:
Ángel, estou totalmente dacordo co que comentas, e agradecémosche a axuda porque realmente estamos moi desbordados.
Por outro lado debo dicir que non é certo que a nova UAC non recibira o histórico de incidencias.
Saúdos a todos compañeiros.
Grupo de Asesores SIEGA/ABALAR
Ai miña nainciña!!!
Sei que se dicides isto é porque non hai outra saída, ¡pero *debería* habela!
De feito, lin nalgún foro de Moodle que se pode empregar un csv cun campo "delete". Pero o probei e non vai...
Nova UAC