Skip to Content

Xestionando unha wiki iniciada

Supoñamos que xa fixemos unha wiki iniciada por un arquivo externo (textowiki.txt).

Cando o alumnado entra no moodle, na wiki correspondente, abre a wiki e edítaa completando o texto nunha ou en varias sesións, mentras o titor/a do curso non a peche.

Agora, o profesor pode intervir, calificar ou completar a wiki.

Imaxinemos que a quere calificar para logo pechala a solo lectura.
O profe ten que entrar na wiki correspondente ao alumno/a, escollendo a que sexa, na imaxe a do alumno "ron"

Logo o profesor/a coméntaa ou califícaa como corresponda

Finalmente, se xa non queremos que o alumnado siga editando a wiki, pero si que a poida ler, darémoslle as propiedades de so lectura (RO), no apartado administración:

Teremos que establecer os indicadores de páxina. No noso caso, asignar o de só lectura para o arquivo correspondente.

Deste xeito, cando o alumno "ron" volva a entrar na wiki aparecerálle a wiki editada polo profesor coa cualificación ou comentarios corespòndentes pero el xa non poderá modificala.



page | by Dr. Radut