Skip to Content

Fases da migración Multisites

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Molecule-custom%3Bsize_159,241.jpg O proxecto Webs dinámicas, coa finalidade de poder mellorar o servizo ofrecido aos centros educativos, realizou unha nova estrutura das aplicacións ofrecidas: drupal, moodle e coppermine, de xeito que agora todos os centros educativos compartirán a mesma estrutura de ficheiros comúns das mesmas aínda que se manterá a independencia de bases de datos.

Esta nova estrutura, denominada Multisite, mellorará o mantemento e actualización destes servizos así como a velocidade de acceso ás aplicacións.

Este  cambio na estrutura de ficheiros significa tamén que agora os centros non poderán ter acceso por FTP a estas carpetas, posto que calquera modificación nas mesmas afectaría á totalidade dos centros participantes. Por este motivo a nova instalación xa se está a realizar nunha máquina diferente, variando así o enderezo das novas ubicacións das páxinas, pasando a estar localizadas en http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro

Desde o listado de centros participantes no proxecto pódese observar que aqueles centros que xa están nesta nova estrutura aparecen cunha imaxe identificativa do sistema: Os novos centros incorporados recentemente ao proxecto Webs dinámicas xa van instalados con esta nova disposición. Para os centros anteriores realizaremos un proceso de migración.

Proceso de migración dos centros anteriores.

Este proceso de migración será realizado integramente desde os servizos centrais da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos, Área de Sistemas e Comunicacións, Proxecto Webs dinámicas.

Este proceso dividirase en varias fases:

  • Fase I (inicial): Realizarase unha comprobación do uso das aplicacións instaladas para determinar si é necesario realizar unha migración dos seus contidos ou, polo contrario, si se pode realizar unha nova instalación de cero no novo sistema Multisite. Esta comprobación realizarase mediante comunicación por e-mail aos centros afectados para que confirmen a súa situación (Máis info: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/666)
  • Fase II (migración): Unha vez confirmados todos os centros afectados, iniciarase secuencialmente a migración dos contidos dos centros desde a actual ubiciación (http://centros.edu.xunta.es/nomedocentro) á ubicación multisite (http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro).
    Antes de iniciar a migración dos contidos haberá unha nova comunicación aos centros para indicarlles que se vai iniciar o proceso (que se realizará preferentemente en horario nocturno).
    Cada día (noite) irase migrando un número determinado de centros, en función da velocidade do proceso.
    Todos os contidos, así como as imaxes, enlaces, documentos, etc. non deberan de sufrir alteración algunha, co cal, unha vez finalizada a migración, estarán funcionando de igual xeito que o facían anterioremente, sin que sexa necesario realizar ningunha labor de mantemento por parte dos administradores dos centros educativos.
  • Fase III (comprobación): Rematada a migración e realizadas as comprobacións oportunas desde os servizos centrais, confirmarase ao centro mediante un novo e-mail que o proceso rematou. O centro deberá realizar as correspondentes comprobacións con máis detalle para comprobar que todo saíu segundo o previsto.
  • Fase IV (limpeza): Unha vez realizadas as comprobacións procederase á eliminación dos datos antigos na máquina de http://centros.edu.xunta.es/... correspondentes ao proxecto Webs dinámicas, así como daquelas outras páxinas e/ou aplicacións que o centro tivese instaladas anterioremente (webantiga...) previa confirmación do centro educativo.

INFORMACIÓN RELACIONADA



page | by Dr. Radut