Skip to Content

Artículos

Execución de aplicacións Java

Consulta para os que tedes o  Moodle no novo servidor (Multisite). Estou interesado en saber se vos corren as aplicacións java.

A nós (IES A SANGRIÑA) aparécenos un erro cada vez que intentamos executar unha destas aplicación e saímos fora do sistema.

Moodle 2.0

En YouTube hai 17 vídeos breves (en inglés) que resumen as novidades do Moodle 2.0 publicado recentemente:

http://www.youtube.com/view_play_list?p=5F39867B1037BA89

Poderemos gozar de todo isto cando remate a migración?

DOCUMENTOS QUE NO SEAN PDF

No iessantomé só podemos acceder a documentos .pdf cargados na Aula Virtual. Os documentos .odt e .doc unha vez subidos a moodle,se os descargamos no ordenador e os intentamos abrir non somos capaces. Espero que podades solucionalo. Grazas.

Modulo gong

¿Non poderiades instalar o modulo GONG para podelo empregar en cursos de idioma? Saúdos.

Orde dos cursos no Moodle

Dende fai uns días, calculo que dende o xoves 21 de outubro, no Moodle do IES A Sangriña alterouse a orde dos cursos dentro de cada categoría. Tentei restablecer a orde anterior de forma manual e non foi posible facelo, os cursos non se moven da súa posición, tamén comprobei que non funciona a opción de ordenalos alfabeticamente. Non e unha cuestión grave pero resulta incomodo para os usuarios da páxina. ¿Alguén sabe dicirme que está pasando? ¿Sabedes como podemos facer para reordenar os cursos como queiramos?

Problemas coa restauración de cursos

Acabo de intentar restaurar un curso por primeira vez e aínda que non houbo ningunha mensaxe de erro durante o proceso, o certo é que o curso restaurado ten o código html totalmente desfeito. Consultando o problema en Google, atopei que é un problema ben coñecido da nosa xa vella versión de Moodle, pero a solución pasa polo php e as librerías, algo que hai que resolver no servidor de Santiago. Aquí tedes a información: http://moodle.org/mod/forum/discuss.php?d=115958#p508897 http://docs.moodle.org/en/Backup_FAQ#Restoring_a_course_results_in_broke... A pesar do proceso de migración, agradeceríamos moito que miredes isto.

Exame hotpotatoes

Temos activado o módulo de actividad "exames hotpotatoes", subimos o arquivo hotpotatoes ao directorio do curso pero cando imos a engadir actividade (exame hotpotatoes) non podemos inserilo no curso. (IES de Meanho)

Mantemento de usuarios e arquivos CSV

O curso pasado subín á aula virtual todo o alumnado do centro empregando un arquivo CSV. O problema co que me atopo agora é que se quero eliminar o alumnado que xa non está teño que facelo un por un, co que na práctica non é viable.

¿Como pode facerse? ¿Non hai algunha forma de entrar en táboa ou (mellor) de eliminar todos os usuarios que posúan un rol determinado?

Namentres resolvo o tema, e para poder botar a andar a aula este curso, volvín a subir o alumnado cun CSV (a partir da folla Excel que bota Xade -que, por certo, tamén podería xerar directamente o CSV de marras-). Desta volta (empreguei o Calc de OpenOffice) esquecín cargarme as " que delimitan os campos de texto, co que observo que todos os nomes, etc teñen as comiñas (na miña opinión é un fallo do Moodle, pois o delimitador " é un estándar -mesmo aconsellado- no formato CSV).

Total, que volvín a subir ao alumnado, co que agora teño 1788 usuarios!. Tela marinera!

Please, ademais de axudarme a non sentirme parvo, botádeme unha man. E non fagades como o tipo da UAC que me colleu o teléfono que me mandou a unha páxina na que se falaba de usar o NonseiquePHP e da que saín pensando que xa me chegou cando aprendín C++ e wxWidgets (quero dicir con isto que xa non teño idade, nin tempo, nin gañas de aprender PHP). Por certo que o tipo dixo que xa me chamarían e aquí estou esperando...

Problemas de acceso á aula virtual

"Foi detectado un erro no servidor que afecta á súa sesión. Entre de novo ou reinicie o seu navegador". Esta é unha mensaxe que aparece con relativa frecuencia cando intentamos acceder á aula virtual. Ás veces aparece cando clicamos no enlace Aula virtual da páxina web do centro e a maioría das veces despois de nos identificar como usuario rexistrado. E xa non hai forma de entrar na aula. Solucionamos o problema limpando a caché, cookies,... pero volve aparecer outro día novamente. Utilizamos o navegador Firefox, pero con Chrome tamén aparece esta mensaxe. Por que sucede e como se soluciona?? Outro problema: Non son quen de limpar un curso de datos de usuarios. Clico no botón Restablecer e aparentemente parece que borra todos os rexistros, pero cando quero modificar un cuestionario dese curso segue aparecendo "9 estudantes xa realizou 9 tentativas", e non podo engadir preguntas a ese cuestionario.

Problema para restaurar Video Flash

Son profesora de Matemáticas no I.E.S Elviña de A Coruña. O problema que teño é o seguinte: Cando se restaura unha copia dun curso que leva Vídeo Flash (vídeos que se inclúen a través da actividade Vídeo Flash), resulta que os accesos aos vídeos non se restauran e non aparecen no novo curso. Con todo os vídeos están no cartafol de arquivos do novo curso; é dicir, foron gardados ao facer a copia de seguridade. Podería emendarse este problema? Grazas Elena Arellano m.elena.arellano@edu.xunta.es


by Dr. Radut