Problema para restaurar Video Flash
Son profesora de Matemáticas no I.E.S Elviña de A Coruña.
O problema que teño é o seguinte:
Cando se restaura unha copia dun curso que leva Vídeo Flash (vídeos que se inclúen a través da actividade Vídeo Flash), resulta que os accesos aos vídeos non se restauran e non aparecen no novo curso.
Con todo os vídeos están no cartafol de arquivos do novo curso; é dicir, foron gardados ao facer a copia de seguridade.
Podería emendarse este problema?
Grazas
Elena Arellano
m.elena.arellano@edu.xunta.es
- APIs de Blogue