1) Unha simple nota para informar do horario de secretaría durante o Nadal aparece así na nosa páxina principal:
Horario de secretaría durante as vacacións de Nadal
Start: 25/12/2006 - 10:59
End: 05/01/2007 - 14:05
Timezone: Etc/GMT+1
A secretaría do centro permanecerá aberta durante as vacacións de Nadal das 10.00 da mañá ás 13.00.
» calendar
Resulta demasiado engorroso (ademais do incongruente de que aparezan palabras en inglés). Deberia ser algo tan simple como:
Horario de secretaría durante as vacacións de Nadal
A secretaría do centro permanecerá aberta durante as vacacións de Nadal das 10.00 da mañá ás 13.00.
É posíbel reducir toda esa información extra que nada lle aporta a quen accede á páxina?
2) Unha vez rematada unha actividade (evento), sigue aparecendo na páxina na que se colgou indefinidamente. Na miña opinión, sería moi útil que se lle puidese asignar unha "data de caducidade", a partir da cal desaparecese - ainda que puidésemos seguir consultándoa no calendario.
É posíbel?
Event
Dúas cousas:
1-A data de entrada e fin dun contido tipo event sempre aparecerá. Non permite o módulo eliminala.
O de que apareza en inglés teremos que traducir o módulo e xa estaría.
Non podemos modificar un módulo xa que logo nas actualizacións cantaría.
A outra posible solución é a mesma que para outros casos: facer que sexa outro o tipo de contido(historia) que apareza no event. Sigo pensando que é o indicado.
2-Que desapareza o evento dun calendario.
Si é posible. Simplemente teriamos que activar o módulo scheduler para o contido event e así xa poríamos unha data de fin e acocharíase o contido.
Eso fariámolo en: administrar-opcións-tipo de contido-event activamos a casiña do scheduled (Enable scheduled)
Por defecto os outros tipos de contido xa teñen as "scheduling options" activadas.
En principio nos pensamos o contido tipo event como aquel que indica datas moi sinaladas ao longo do curso que quedan rexistradas para sempre, ás que se pode volver dentro dun ano; evidentemente pode modificarse.