Skip to Content

Calendario segundo grupos de usuarios

No noso sitio (centros.edu.xunta.es/ieslamasdecastelo), se clicas no calendario de decembro e vás ao día 5 verás que temos un prazo de entrega dun material. Indícase que se lle entregue a unha tal Susana tamén. Isto tería o potencial de converterse nun sistema de notificación, pero resulta que toda esta información é accesíbel publicamente sen estar rexistrado - e, evidentemente, non é lóxico que anuncios internos como este estexan disponíbeis para todo o mundo. Outra cousa que querería sería, por exemplo, convocar una reunión do claustro ou CCP (evento que aparece no calendario), de maneira que un profe a vexa no calendario, prema nel e poida acceder á orde do día e a documentación adicional para a reunión, pero que ninguén máis que un profe poida, como é lóxico. É isto factíbel? O esperábel sería poder decidir que eventos se poden ver de acordo co grupo de usuarios ao que se pertenza. Xosé

Calendario Eventos por rol

Pois é unha pregunta superinteresante e seguramente importante para moitos centros.
A resposta é SI. Efectivamernte o calendario de eventos funciona por roles se así o queremos, pero de entrada os tipos de contidos non van así configurados.

Ë dicir, tal como está agora, só o tipo de contido event sae no calendario.
Solución: facemos que o tipo de contido Article (Historia, artículo) saia no calendario (administrar-opcións-tipo de contido-artículo) e na opción "Show in event calendar:all views".

Ese contido só o publicaremos evidentemente nun menú que so sexa accesible para o usuario correspondente. automaticamente se verá en dito menu e tamén no calendario polo usuario con acceso.

Claro, coidadiño, a partir dagora todo o contido tipo "artículo" sairá no calendario de eventos ata que se desactive dita opción.

Posibilidade 2

Empregar un taboleiro de anuncios ao que se accede por roles. Alí as noticias están "pegañentas na cima" as máis novas arriba e incluso con data de entrada e caducidade se se desexase.

Problema: non estarían ordenados os artigos como no calendario



forum | by Dr. Radut