Artículos
Creei un curso na aula virtual do centro e dentro del un foro para que fagan comentarios e outro para que me suban os traballos unha vez feitos, pero estes tamén son visibles para o restos dos compañeiros. ¿Como podo facer para que estes traballos solo sexan visibles para o profesorado?
Graciñas.
José M.Rial
Tiña demasiado mitificado o Moodle, ultimamente só atopo fallos.
Despois de levar un rato cualificando tarefas do alumnado, gardando unha por unha, atopo que só unha pequena parte das cualificacións quedaron gardadas cando recargo a páxina coa lista dos alumnos.
Se en lugar de poñer as notas na xanela da actividade de cada alumno, as poño directamente na lista xeral do alumnado non hai problemas, pero así non se traballa con tanta comodidade.
Alguén máis ten problemas gardando as notas das actividades?
Como se pensa solucionar o feito de que desde Moodle non se podan enviar mensaxes a contas de fóra e que, ao mesmo tempo, se anuncie que desaparecen as contas de eduxove. Simplemente, non podo rexistrar o meu alumnado se non ten contas de eduxove porque non vai recibir o correo e non poden solicitar contas de eduxove porque non llas dan. Que se pensa facer?
Nunca tiven problemas coas copias de seguridade dun curso, pero agora dame un erro se as intento facer como administrador ou como profesor en calquera dos nosos cursos. Fixestes algún cambio na configuración?
Tratei de inserir algo tan simple como a letra grega omega maiúscula (para os ohmios) no editor do Moodle:
Aínda que entrando no código HTML, descubrín en Internet que se pode escribir &omega para a minúscula e &Omega para a maiúscula, as letras gregas non aparecen no botón de inserir caracteres especiais (que por certo está traducido por inserir sorriso) e tampouco se resolve o problema co editor de ecuacións matemáticas que teoricamente inclúe as letras gregas.
O caso do editor de ecuacións xa é para nota, porque descubrín en Internet que había que activar o filtro TeX en Administración>Módulos>Filtros e despois seleccionar o formato de exportación Latex nas opcións do editor (uf!) para que funcionara; pero a pesar desta virguería, non funcionan as letras gregas nin fórmulas tan simples como v = e / t, que levaría o código seguinte: $$v= \frac{e}{t} $$. Na configuración do filtro, as rutas dos seus tres binarios aparecen cunha cruz vermella, así que ou non están instalados ou están onde non deben.
Lin nun foro que o complemento dos caracteres especiais pode ampliarse (con tres grupos de caracteres), pero teríades que facelo vós:
http://moodle.org/mod/forum/discuss.php?d=20841
Penso que é un detalle pequeno pero moi importante nas materias de ciencias.
É posible aumentar o tamaño máximo de transferencia dos arquivos máis alá de 10 megas?
Algún profesor comentoume que noutros centros chegan a 40 megas.
Grazas desde o Ies Sánchez Cantón
No iesblancoamor de Culleredo temos o mesmo problema que no iesmeanho (artigo publicado neste foro o 28 de abril do 2009), tan só podemos acceder a documentos .pdf cargados no Aula Virtual.
Fixemos probas con documentos .odt, .doc, .sxw, .jpg, e .zip; e ningún déles é accesible logo de telos subidos a moodle, tampouco se poden abrir unha vez descargados ao ordenador.
Se en realidade é o mesmo problema espero que podades botarnos unha man porque estamos a preparar un curso e deste xeito vai moi limitado.
Grazas por adiantado.
Veño de comprobar que cando un usuario quere rexistrarse empregando unha conta de correo de hotmail, por exemplo (non comprobei outros servidores, agás edu.xunta.es, que non dá problemas), a plataforma indica que se envía o correo coas instruccións de confirmación, pero en realidade non é así.
Tendo en conta que a maioría do alumnado ten contas dese estilo, quixera saber como se pode facer para resolver este problema.
Moitas gracias.
Antonio Rivas
Coordinador TIC do IES Pontepedriña
-Na nosa aula virtual é imposible enlazar ou cargar calquera imaxe que estea nun directorio da aula virtual de moodle. Vexo no foro que parece ser un problema da actualización. A ver se o podedes solucionar.
-Hai tamén problemas cos vídeos. Cando se enlazan dende un directorio da aula virtual non se poden ver, mesmo nun ordenador con tódolos codecs e programas instalados (fixen probas cos formatos .avi,.mpg, .flv, .swf, .wmv).
-Os arquivos .odt e .doc, despois de metelos nun directorio da aula virtual e enlazalos, cando se queren abrir sae unha mensaxe indicando que word ou openoffice vai facer unha recodificación dos carcateres ASCII e dende ese momento o documento é ilexible.
Es posible dar permisos a un usarios solamente para una categoria y no para otras? Es decir, puedo dar de alta creadores de cursos, que solamente puedan crear cursos en una determinada categoria y no en otras?