Skip to Content

tamaño máximo dos arquivos

É posible aumentar o tamaño máximo de transferencia dos arquivos máis alá de 10 megas? Algún profesor comentoume que noutros centros chegan a 40 megas. Grazas desde o Ies Sánchez Cantón

Claro que si!

Moodle define 4 niveis para limitar o tamaño dos arquivos: 1- Sistema (Php.ini) 2- Nivel de sitio 3- Tamaño de ficheiro nos cursos 4- Tamaño de ficheiro nunha actividade concreta Isto é xerárquico; Websdinámicas limita no php.ini (a nivel servidor) o tamaño máximo. Descoñezo en canto está, con todo 40 MB paréceme unha cifra bastante alta como para necesitar tal tranferencia... O que ti precisas, segundo entendo, é limitar o tamaño máximo de arquivo a nivel "SITIO". Para iso: Entra como Admin. Logo -> Menú "Seguranza"->Políticas do sitio->baixas ata onde pon "tamaño máximo dos ficheiros cargados". A partir de ahi, se 1MB=1024kB, multiplicas polo numero de megas que necesites. No Moodle do noso centro, témolo limitado a 20 megas. A continuación, debes ir á configuración de cada curso e limitar alí (nun despregable) o tamaño máximo que queres permitir que sexa transferido. Se tes dúbidas, pregunta de novo. Un saúdo, Juan Casado, Ceip A Sangriña.

entendido

Moi didáctica a túa explicación. Sabía que nalgures estaba esa posibilidade pero esquecera o sitio concreto. Grazas.

Alégrome que servira.

Un pracer servir de axuda. Disfrutade da plataforma, realmente vale a pena!

Establecer o valor ao máximo permitido: 40 Mb

Efectivamente, confirmamos que o límite actual do tamaño máximo de carga de ficheiros está fixado en 40 Mb para todas as aplicacións de centros.edu.xunta.es, moodle entre elas.

Como moi ben comenta Juan, desde a ruta indicada pódese especificar un valor máximo para os ficheiros cargados nos cursos de Moodle. No voso caso tedes especificado o seguinte valor:  10485760 (10 Mb). Se se desexa establecer este valor ao máximo permitido polo servidor (40 Mb) pódese indicar no campo Tamaño máximo dos ficheiros cargados o valor 0.

Un saúdo.

Webmaster.

Grazas pola aclaración.

Grazas pola aclaración. Todo arranxado.


forum | by Dr. Radut