Skip to Content

Artículos

Como incorporar unha actividade JClic

A dúbida vén de que unha vez xerada a actividade en JClic, imos ao curso de AV, selecionamos engadir actividade> JClic>subir ficheriro, escollese o jclic.zip na carpeta de proxectos do programa e finalmente gardamos as modificacións. Cando se quere abrir a actividade só sae unha especie de informe sobre a mesma pero non a actividade. Que hai que facer? De novo, grazas.

Activar edición

En Moodle existe un botón que ten un texto que pon "Activar edición" pero sen embargo, cando se activa edición ese botón non modifica o seu texto para "Desactivar edición"

Aparición de la hora y minutos en el chat

Temos feitos varios chat nun curso e sempre aparece: HORA MINUTO seguido do nome do participante. Como hai que facer para que apareza a hora e minutos reais en lugar das palabras HORA MINUTO? Iso axuda moito a seguir o chat. Grazas desde o IES Sánchez Cantón

Seccións nunha wiki

Podo crear seccións dentro dunha páxina dunha wiki?. Intenteino poñendo o título da sección entre == e non funciona.

Posibilidade de que o rol "teacher" matricule alumnos dentro dos cursos e cargar arquivos.

Boas, chámome Pablo Nimo e son o Coordinador do PITIC no IES Fin do Camiño de Fisterra. As dúbidas que presento son dúas: • 1.- En recente conversación telefónica con José Antonio comentoume como tería que facer para habilitar o permiso de matriculación de alumnos dentro dos propios cursos ó rol “mestre”. Comentoume que fora a “ AV > Administracion > Usuarios > Permisos > Definir papeis” e editara os permisos para “teacher”. O caso é que dentro dese menú non encontró cal é a ligazón para realizar o cambio. • 2.- Cando tento cargar un arquivo dentro dun curso parece que quere cárgalo pero nunca aparece a pantalla coa carga finalizada, senón que acaba nunha páxina en branco e sinala “feito” na barra de estado do Firefox. Fixen a proba co Iexplorer e pasa o mesmo. Un saúdo e ánimo polo traballo que estades a realizar. Gracias.

Idioma predeterminado

Aínda que entrando na administración estaba predeterminado o galego no Moodle do noso centro (CPI do Feal), o certo e que só funcionaba en inglés. Entón activamos a posibilidade de que o usuario elixira o idioma cun menú na parte superior dereita e de paso engadimos o español. Dende entón, entrando como invitado o idioma predeterminado é o español e entrando como administrador o inglés. Non vemos forma de que o galego sexa o idioma predeterminado para tódolos usuarios.

editor de html e boton flash

No editor de html que se ofrece en moodle boto de menos o boton para inserir ficheiros flash. O editor de Drupal si ten este botón e non sei se se pode poñer en moodle como opción. grazas

Aula virtual do moodle

Teño unha conta na Aula virtual do moodle, pero non son administrador, e polo tanto non podo crear un novo curso, ¿alguén sabe a quén hai que solicitar un novo curso? Gracias.

Traducción de Moodle

Estamos detectando erros graves na traducción dalgúns arquivos de moodle.

Módulo chat.php.

A cadea %H:%M está traducida como Hora:Minuto

En realidade, encerra variables que non se deben traducir, e debemos deixala como está independientemente do idioma que sexa:

%H:%M   =   %H:%M

Correxirémolo na ruta:

>AV  Administración   Idioma   Editar idiomas - Editar palabras ou frase

Prememos no arquivo chat.php, e correximos a entrada correspondente.

Ou editando directamente o arquivo chat.php (moodle/lang/gl_utf8/chat.php)

Módulo hotpot.php

Provoca erros importantes nas actividades hot potatoes en galego, xa que no arquivo de traducción ao galego  onde ten <IFRAME> debería ter só IFRAME, no arquivo de traducción hotpot.php (moodle/lang/gl_utf8/hotpot.php)



by Dr. Radut