Skip to Content

Artículos

Problemas coa carga de imaxes

Na miña casa non teño ningún problema co Moodle do noso centro (nin desde Ubuntu, nin desde Windows XP ou 7). Sen embargo, moitos alumnos están queixándose de que nas súas casas non se cargan as imaxes das páxinas web xeradas no noso Moodle (en formato jpg ou png) desde Windows ou Ubuntu e con diferentes navegadores. Cal pode ser o problema? É algo rarísimo.

Subcategorias

Estamos intentando simplificar a páxina principal da nosa aula virtual, temos moitas categorías e subcategorías e queremos que se vexan só as categorías na páxina pricipal para que sexa máis fácil atopar os cursos. Como podemos facer que as subcategorias non se vexan ata entrar na categoría?

Novos idiomas no Moodle (Aula Virtual)

Acabamos de instalar dous novos idiomas no Moodle dos centros:

  • Portugués (solicitado polo IES de Valga)
  • Español Internacional (recomendado. Deberase empregar este idioma antes que o Español de España, xa que está máis completa a traducción e incluso mellor)

Un saúdo.

Permisos a un usuario concreto

Ola.

Quería saber se é posible dar a un usuario concreto permisos para cargar usuarios mediante ficheiros CSV sen darlle permisos completos de administrador do sitio, e, se é posible, cómo se fai.

 

Graciñas

Actualización de Moodle / Drupal / Coppermine

Supoño que xa rematou o proceso de migración ao multisite. Nese caso, xa sería posible unha actualización conxunta do software. Para cando está prevista? A qué versión de Moodle, Drupal e Coppermine subiríamos?

Queda alguén liberado do monstruo Abalar que poida traballar nisto?

Descoñezo totalmente a situación actual do proxecto Webs Dinámicas, non vexades ningún tipo de reproche na miña consulta!! Unha aperta

Cursos Moodle para profesores dun centro educativo

Teño unha dúbida acerca dos cursos sobre Moodle:


    Webs Dinámicas - Moodle. Usuarios nos centros educativos públicos galegos
    Webs Dinámicas - Moodle. Administradores nos centros educativos públicos galegos.


Pode matricularse calquera profesor nos cursos? Teñen certificacións?


O tema é que moitos compañeiros do centro estarían interesados en facer un curso Moodle ou Drupal, se non é posible ofertalo no centro, poderían apuntare a estes? Cómo poderíamos responder a esta demanda?
Gracias

Problema ca copia de seguridade dun curso en concreto

erro

Temos un problema á hora de realizar a copia de seguridade do curso Tecnoloxía Industrial 2. Probei noutro curso e a copia de seguridade faise sen problema. ¿Saben a qué pode ser debido este erro?

Gracias de antemán

Copiar y pegar texto desde otras aplicaciones de MS Word al editor de Moodle

Estoy teniendo problemas con el editor de Moodle . Al introducir  recursos para crear un módulo nuevo de mi curso, no me deja copiar y pegar documentos desde otra aplicación, en este caso, de Word.

Espero que me puedan resolver mi duda lo antes posible, puesto que estas últimas semanas, estoy subiendo a  Moodle, una serie de recursos que forman parte de un curso  que elaboré como trabajo por una licencia por estudios. Tengo que presentar la memoria antes del 31 de agosto.

Gracias por su atención.

María José

PROBLEMAS PARA ENTRAR COMO CONVIDADO EN LOS CURSOS QUE PERMITEN ESTE ACCESO

Na aula virtual do IES A Xunqueira de Pontevedra non se pode acceder aos cursos como convidado, aínda que o profesor si permite este tipo de acceso. Alguén pode explicar que é o que pasa e se ten solución?

Grazas

Problemas con cuestionarios con preguntas tipo ensaio e aleatorias

No IES Aller Ulloa temos un problema no Moodle: non está configurado para permitir elaborar cuestionarios aleatorios con preguntas tipo ensaio. Preguntei no foro de moodle e déronme a resposta que aparece na seguinte ligazón

http://moodle.org/mod/forum/discuss.php?d=174910

O problema é que non sabemos onde se activa o que alí nos di ou se a resposta é a axeitada. A ver se nos podesdes botar unha man.



by Dr. Radut