Skip to Content

Actualización de Moodle / Drupal / Coppermine

Supoño que xa rematou o proceso de migración ao multisite. Nese caso, xa sería posible unha actualización conxunta do software. Para cando está prevista? A qué versión de Moodle, Drupal e Coppermine subiríamos?

Queda alguén liberado do monstruo Abalar que poida traballar nisto?

Descoñezo totalmente a situación actual do proxecto Webs Dinámicas, non vexades ningún tipo de reproche na miña consulta!! Unha aperta

Actualización de Webs dinámicas

Ola compañeiros.

Xa temos previsto, desde fai algún tempo, realizar a actualización ás novas versións das aplicacións. Coa actualización prevista a día de hoxe pasaríamos as seguintes versións:

  • Drupal: 6.22
  • Moodle: 1.9.15
  • Coppermine: 1.5.26

No caso de Drupal e Moodle xa existen outras versións máis recentes, pero nas probas que realizamos aínda presentan algunhas incompatibilidades co sistema que temos actualmente, polo que non é recomendable a actualización a estas últimas versións.

Por outra banda, a nivel de asesores efectivos para esta labor de actualización, de momento temos que esperar a que os asesores de zona queden liberados das tarefas prioritarias do despregue Abalar que se está levando a cabo. Si todo vai segundo o previsto é probable que a actualización se realice para o seguinte trimeste.

Tamén comentarvos que seguimos algúns asesores dedicándonos a este proxecto e agardamos que en breve poidan tamén os asesores de zona retomar as súas actuacións sobre o mesmo. Como xa dixemos e sabedes, agora mesmo a prioridade está centrada no despregue Abalar de Fase II.

Un saúdo.

Compatibilidade

Moitísimas grazas pola resposta. Son boas novas, aínda que é unha mágoa non poder instalar as últimas versións. Non sei que problemas de compatibilidade pode haber, pero... non serían superables facendo a actualización en dous pasos encadeados? Quero dicir: unha semana subir o Moodle a 1.9 e a seguinte a 2.0?

Seguramente, das tres plataformas, Moodle é a máis querida entre o profesorado e merecería unha actualización máis intensa. De feito, no noso centro Drupal está tristemente abandoado debido a discrepancias entre compañeiros, pero Moodle está máis vivo que nunca, entre outras cousas porque cada profe fai os seus cursos a súa maneira sen necesidade de coordinarse con ninguén, e por suposto, tamén porque é a plataforma máis propiamente educativa das tres.



forum | by Dr. Radut