Skip to Content

Exame hotpotatoes

Temos activado o módulo de actividad "exames hotpotatoes", subimos o arquivo hotpotatoes ao directorio do curso pero cando imos a engadir actividade (exame hotpotatoes) non podemos inserilo no curso. (IES de Meanho)

Exame hotpotatoes

Nos, no IES A SANGRIÑA, traballamos habitualmente con exemes hotpotatoes e non temos ningún problema. Quizá podías concretar máis o que sucede cando intentas engadir a actividade.

Exame hotpotatoes

Poño unha ligazon cun pantallazo do que me sae cando quero inserilo: http://dl.dropbox.com/u/6011866/problemas%20hotpotatoes%20en%20mooodle.doc

Exame hotpotatoes

Ola de novo. Xa vin o teu pantallazo, como non recibo non recibo notificación de que se publican comentarios no foro ocorreuse pasar hoxe, menos mal que non tardei moito. Estas facéndollo mal. Verás, o arquivo que estas subindo a web, o que en a extensión jcl, é o arquivo orixinal de hotpotatoes, solo o interpreta o programa, serve para editar de novo o exercicio en hotpotatoes e facer cambios. O que tes que facer e gardar ca opción archivo>crear una página web>Página web para navegadores V6. Gardas o arquivo ca extensión htm. Este arquivo ca extensión htm é o que tes que subir ao Moodle. Se hai imaxes no exercicio (non creo que sexa o caso) tes que metelas nunha carpeta e manter a posición relativa entre a carpeta e o arquivo htm cando o subas ao Moodle para que o executarse o htm atope as imaxes. Faino así, verás que non hai problema, hotpotatoes e Moodle lévanse moi ben. Sorte e un saúdo

Exame hotpotatoes

Esa era a forma que empreguei eu en principio pero non me resultou. O resultado é o mesmo, parece como se non permitise continuar coa opción de salvar e voltar ao curso unha vez escollido o arquivo htm. Non é por fotos porque a actividade non as ten, parece algún erro interno do moodle. Outro pantallazo aquí: http://dl.dropbox.com/u/6011866/Pantallazo.png

exame hotpotatoes

Ola! No noso centro pasaba o mesmo; era un problema interno do Moodle do centro. Falade co coordinador. Sorte!

Exame hotpotatoes

Non podo axudarvos máis, síntollo. Se o problema é un erro interno do voso Moodle coido que solo o pode resolver a xente de websdinámicas. Sorte.

Exame hotpotatoes

Ola de novo. Onte traballando co meu Moodle particular acordeime de vos, resulta que sucedeume o mesmo que vos está a pasar, cando intentaba engadir un arquivo de hotpotatoes non me deixaba e ademais no formulario non aparece o botón de gardar a actividade ¿non é así?. Entonces, ao ver o aspecto da páxina moi larga cara a dereita, acordeime que fai un par de anos tiveramos na Sangriña ese mesmo problema. Daquela buscara unha solución en moodle.org e despois solicitaralle a xente de webs dinámicas que revisase ese problema. Non conseguín atopar aquel correo pero así foi. Eles dixéranme que xa coñecían o problema e a solución, pero a min sucedeume como a vos, ninguén ma dixo, tiven que buscala eu. Esta mañá púxenme mans a obra e for fin volvín a atopar o problema e a solución en moodle.org (non busquei aquí porque a páxina da xunta non cargaba). A solución que atopei tamén está está nos foros do Moodle de páxinas dinámicas na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/236 A solución é moi sinxela, se queredes acceder vía ftp ao voso Moodle podédelo resolver vos mesmos. Si non pedídelle a xente de webs dinámicas (por correo electrónico xa que isto creo que solo o leemos nos) que o resolvan. Se tedes dúbidas de como facer ou non vos responden en webs dinámicas poñédevos en contacto por correo electrónico comigo (alomba@edu.xunta.es), non teño inconveniente en botarvos unha man para resolver o problema. O do meu Moodle particular tardei 2 minutos en resolvelo

Exame hotpotatoes

Resolto grazas ás explicacións que se dan na páxina que indicaches: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/236 Moitas grazas.


forum | by Dr. Radut