Skip to Content

Imaxes

Non podemos ver as imaxes que se insiren. Non é posible visualizar unha imaxe de menos de 10 MB e máis de 100 x 100 pixeles que é o que di a axuda.(tampouco máis pequenas) Son imaxes *.jpg que cumpren esas condicións. Aparentemente suben, pero aparece o típico cadro cruzado en vermello. O proceso seguido é: 1) Editar perfil 2) Examinar 3) Selecccionar a imaxe desexada 4) Actualizar perfil O novo perfil elimina a imaxe predeterminada, aparece o nome de descrición da nova imaxe, pero non se visualiza. Gracias anticipadas

O problema estaba no arquivo de configuración do moodle

O problema era debido ao formato do arquivo de configuración de moodle. Cando se edita desde a ferramenta de FTP web da Consellería (net2ftp) hai que seleccionar nun combo a opción LF, que non é a que aparece por defecto.

Con iso xa se soluciona o problema.

Un saúdo.

imaxes

Gracias por todo Saúdos

Non se ven as imaxes

Pensamos que xa está arreglado. Darlle un vistazo e indicárnolo.

problema imaxes

Fenómeno. Xa está solucionado. Moitas gracias. ¿Era por fin algo asociado á migración pola nova versión ou e que faciamos algo mal?

Erro relacionado coa actualización.

Era un pequeno detalle relacionado coa actualización.

Un saúdo

Asesor SIEGA - Noia



forum | by Dr. Radut