Primeiro deberemos ter en conta o tamaño dos videos tendo en conta o peso (máis de 15 MB non é aconsellable), o tempo (+- 5 min) e a ventana (320x240).
Unha ventana maior implicará aumentar o peso e polo tanto disminuir o tempo.
Queremos servir o video case en tempo real e usaremos un formato FLV.
Podemos dispor dun programa gratuíto, SUPER, que nos permitirá transformar practicamente calquera formato de video a FLV.
Agora baixarei o arquivo adxunto e descomprímoo, obtendo unha carpeta chamada videon con 5 arquivos. Nesa carpeta terei que meter o arquivo video.flv creado.
Leo o arquivo AXUDA:
1-Crea (renomea) unha carpeta chamada video1 ou video2 ou video3 ou...videon
2-Dentro desa carpeta teño que ter 5 arquivos:
index.html, portada.jpg, titulo.txt, video_new.swf e video.flv
3-Edito o arquivo titulo.txt
Teño coidado de so modificar os textos "Escribo o título", "Escribo o subtítulo" e "Escribo a data".
&titulo=, &subtitulo= e &datavideo= son variables que non debo tocar.
4-Podo editar e personalizar a imaxe portada.jpeg sempre que respete as medidas
5-Comprimo a carpeta e súboa a carpeta files de drupal.
6-A ruta do video vai a ser:
http://centros.edu.xunta.es/webdocentro/files/videon/index.html
7-A etiqueta IFRAME para Drupal vai a ser :
<div align="center"><iframe src="http://centros.edu.xunta.es/webdocentro/files/videon/index.html" frameborder="0" height="400" width="400" scrolling="auto"></iframe></div>
8-Introduzo a etiqueta IFRAME no código dunha páxina de DRUPAL
PODEMOS VER UN EXEMPLO:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
videon.zip | 146.35 KB |