Skip to Content

Arquivos pdf e doc


Reproduzo textualmente parte corpo do correo electrónico que me chegou do IES Alfredo Brañas de Carballo:

"Quería consultar uns problemas que teño:
- En Moodle cando subo un ficheiro (pdf ou word) e despois quero abrilo aparece parte do texto e códigos, vou a carpeta de ficheiros e se o abro desde ali abre ben e despois xa funciona, pero o problema está que os alumnos non poden acceder o arquivo de forma normal."

Educadamente envían saúdos.

Problema co arquivo de configuración config.php

Volve a ser o mesmo problema que o das imaxes que non se ven.

Para solucionalo hai que editar o arquivo de configuración de moodle e seleccionar a opción LF á hora de gardalo.

Despois, para que este cambio teña efecto no navegador, hai que eliminar as cookies naqueles navegadores que intentaran abrir sen éxito os documentos anteriormente.

Un saúdo.

pdf en Firefox

Pensamos que nós xa tíñamos arranxado o das imaxes, pero como os pdf van mal probamos a facer o de LF e nada: En IE ábrense os pdf que temos en Moodle. Sen embargo, en Firefox (versión 2 ou 3, Windows ou Linux), cando fas clic ábrese unha xanela titulada "Acrobat plug-in" que di "Operation not allowed" e despois "Para abrir este documento faga clic neste enlace", momento no que xa abre o pdf. Tamén probamos a opción "Abrir noutra xanela" e tampouco vai. Sabedes algunha solución?


forum | by Dr. Radut