Nos utilizamos os servicios de http://www.scribd.com/ a través do módulo "ipaper" http://drupal.org/project/ipaper que pode instalarse facilmente en Drupal.
É un módulo moi util e fácil de usar, pero o ficheiro flash resultante queda aloxado en Scribd e está suxeito as condicións que eles establecen. Podedes ver o resultado en http://centros.edu.xunta.es/iesdecurtis/node/186. Outra posibilidade e utilizar Macromedia - FlashPaper 2 http://www.adobe.com/products/flashpaper/ ou Print2flash http://print2flash.com/ que permiten transformar calqueira PDF a flash, pero son programas de pago aínda que teñen a ventaxa de que o ficheiro resultante pode subirse directamente o servidor da Consellería.
O mellor sería que a Consellería puxese un módulo en Drupal que permitise ver os PDF que subíramos as páxinas dos centros. Tamén sería necesario un módulo que permitise importar os Blogs que case tódolos los centros teñen en Blogger ou Wordpress polos problemas que pode haber pola utilización de fotos de menores fora do servidor da Consellería. Outra cousa que botamos en falta é unha mellor integración de Drupal con Coppermine.
Incrustar PDF
Actualmente podemos aproveitarnos do visor de google docs para incrustar na nosa web arquivos de diversos tipos, entre eles os pdf.
Pasos a seguir:
1.- Crear contido, de tipo páxina por exemplo.
2.- Cubrir Título e Categoría onde se vai a visualizar.
3.- Subir o arquivo pdf como adxunto.
4.- Copiar a ruta (URL) do arquivo subido.
5.- Sustituir o que está en negrita do seguinte código pola URL copiada do arquivo pdf.
<iframe src="http://docs.google.com/gview?url=http://ruta/arquivo.pdf&embedded=true" style="width:500px; height:600px;" frameborder="0"></iframe>
6.- Desactivar texto enriquecido e pegar o código creado.
Despois de gardar o contido xa se ve o arquivo incrustado.
Con este sistema non temos que ter os nosos arquivos fora dos espazos da Consellería, nin dar "varias voltas" para subir un arquivo.
Visualizar PDF
Para convertir de pdf a swf, tedes unha opción de Software libre chamada pdf2swf, que está en http://www.swftools.org/ e ten versións tanto para Linux como para Windows, MacOS, etc.
Ademais ten a vantaxe de non ter que subir arquivos a unha web alléa á Consellería.