Por se lle serve a alguén: como crear un listado de títulos de artigos publicados
Deíxovos aquí unha forma de amosar un listado dos títulos publicados nun determinado "termo", podedes ver un exemplo do seu uso na web
http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/
Estamos a empregar este sinxelo script para amosar un listado de "anuncios" no taboleiro de anuncios, o aviso e as datas destacadas.
O que fai o script é buscar na base de datos de drubal os artigos publicados baixo un determinado termo, ordeándoos segundo a súa orde de publicación _(os máis novos primeiro)
Para que funcione tedes que lembrar marcar como opcción de publicación PHP, pode empregarse tanto nun bloque como nun artigo (recoméndovos probar nun artigo que só vos poidades ver :) )
Teredes que...
- Cambiar tid=63 polo correspondente ó termino que interese en cada caso, pode saberse que número se corresponde co noso termo editando a lista de termos, na barra de navegación veremos que na dirección nos vai a aparecer /term/ seguido de un número, ese é o número de noso termo.
Limit 0, 5 indica o número de "títulos" que queremos amosar, podemos poñer o número que quieramos en lugar do 5.
Agradécense melloras deste script :)
Atoparedes o scrpt (que aquí o recorta) na nosa páxina nesta ligazón
http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/category/12/108
PD: estamos tamén a a usar un script que amosa o último álbum subido na galeria Copermine, que podedes atopar no mesmo enderezo
- APIs de Blogue
Tamén é posible para os que non dominan o PHP...
Pódese habilitar o módulo views UI, e obter una páxina chamada tracker, que proporciona a actividade recente. Pódese configurar fácilmente para que amose únicamente un certo número de entradas, e os campos que se quera das mesmas (só o título, a entrada completa, etc). Ademais permite configurar para que se visualice nun bloque, como en http://www.edu.xunta.gal/centros/iessantairene/, nun menú ou nunha páxina. A verdade e que non é demasiado complicado conseguir un bo resultado.
Que conste que me parece que tedes feito un traballo excelente, e graciñas por compartilo.
Script - Listado de artigos - Último album subido
Ola compañeiros, agradecemos as aportacións de tódolos usuarios. Aí radica a potencialidade dos foros.
Como non, agradeceriamos tamén que compartades con nós o scrip da galería que comentas.
Un saúdo e ánimo.
Asesor SIEGA - Noia
Para telo todo organizado
Actualizado a multisite
O script foi adaptado para que funcione nos sitios que xa están en mutlisite (grazas a Mauel do CEIP de prácticas de Ourense por hacer as probas ;), atoparédelo no enderezo anterior.
Noraboa polo voso traballo
script para amosar listado de títulos
Visitei a vosa páxina e
Un pouquiño mais de claridade
Tentei clarificalo máis,
Non o consigo, moitos erros
A ver se podo axudar
mesmos erros
É algo raro
Non é tema da plantilla
Ó final está arranxado
Mil grazas!
Grazas a ti, sempre é
As presas... :P
Para aquelas webs que
Para aquelas webs que aparecen este fío, que coa migración a multisite se atopen con erros, xa están dispoñibles os códigos que funcionan en multisite sen problemas.
http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/?q=node/263