Subir libros LIM
Ola a todos.
O enlace
http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/taxonomy_menu/3/103
no que se explicaba como subir un libro LIM ao servidor, ábreme unha ventá de "documento non atopado".
¿Sería posible que volverades a explicalo?
Gracias
- APIs de Blogue
Unha alternativa
Ola, pareceme que como xa non temos acceso ao servidor o que ti pides non se pode facer.
Eu douche unha alternativa. Existe unha aplicación chamada dropbox que podes subirlle arquivos, facelos públicos e dache un link, co que é coma se o tiveses subido a un servidor. Con introducir o enlace na web xa tes o que queres.
se necesitas invitación para dropbox eu podocho enviar unha.
Unha alternativa educativa
Podes subir os teus EDLIM ao moodle e executalos dende ali.
Para acceso a LIM como convidados...
Por se lle serve a alguén, despois de trastear un anaco...
Se subimos un LIM empaquetado como SCORM a moodle como actividade SCORM dentro dun curso que permite o acceso a convidados, veremos que se accedemos directamente ó LIM sairá o menú de logueo de moodle, podemos facer que acceda directamente o contido como convidado, saltando o formulario de acceso engadindo á ruta do libro ?username=guest&password=guest
Cando subamos o LIM como recursos SCORM deberemos indicar que o abra nunha nova xanela, deste xeito poderemos acceder á url completa na parte superior.
Se o enderezo directo ó libro LIM fose
http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/moodle/file.php/27/m...
Se queremos que se acceda como convidado, directamente, sen pasar pola ventana de logueo debería quedar
http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/moodle/file.php/27/m...
Con este segundo enderezo accederemos directamento ó libro LIM sen pasar polo formulario de logueo, sempre e cando o curso onde se integre teña acceso para convidados.