Skip to Content

Copiar base de datos a un servidor local

En Muxía estamos empezando. Gustaríanos saber se hai modo de copiar a base de datos do servidor da Xunta para replicala nun servidor local. Así poderíase experimentar sen medo a corromper os datos remotos. Raúl Prieto Un saúdo.

Restaurar en local

Imaxino que xa tedes a vosa instalación local feita. Eu comprobeino e funciona correctamente:

1-Instalamos servidor; eu teño o seguinte

  • Apache Web Server Version 2.2.3
  • PHP Script Language Version 5.1.6
  • MySQL Database Version 5.0.24a
  • phpMyAdmin Database Manager Version 2.9.0.2
  • 2-Creo a base de datos co nome do centro (iesramoncaamano)

    3-Baixo de Drupal a última versión 4.7x, os 13 módulos que engadimos e algúns themes. Coidado co módulo timynce. Creo unha carpeta drupal no servidor, dentro de (WWW) na que meto todo: aplicación drupal+módulos+themes

    4-Edito settings na liña 87
    $db_url = 'mysql://root:@localhost/iesramoncaamano';

    Como vedes non lle teño contrasinal á base de datos e o usuario é root.

    5-Lanzo no equipo http://localhost/drupal

    Funciona sen problemas de ningún tipo.

     

    Base de datos

    Se sistemas no la proporciona, poderemos enviala a través do correo electrónico. Comunicarémosllo.

    As grazas e unha suxestión

    Grazas. A suxestión: Os administradores das bases de datos da Xunta poderían exportar as bases (estructura e datos) nun arquivo *sql comprimido con gzip (para que ocupe pouco) que se colocaría na carpeta DATABASE de cada centro. Así, ademais de ser unha copia de seguridade para o caso dunha catástrofe, estaría a disposición dos centros para o propósito antes prantexado. Raúl Prieto Un saúdo


    forum | by Dr. Radut