Campaña de sensibilización sobre CIBERSEGURIDADE e CONSUMO DE SUSTANCIAS
O Ies de Melide participa no Plan Director, a través do cal a garda civil leva a cabo un programa de sensibilización nos centros educativos.
Nesta ocasión, 1º e 2º da ESO tiveron unha charla sobre RISCOS DE SEGURIDADE NAS NOVAS TECNOLOXÍAS E REDES SOCIAIS e o alumnado de 3º e 4º da ESO e 2º de FPbásica, sobre os riscos do CONSUMO DE DROGAS E ALCOHOL.
NOVA EDICION DA ESCOLA DE NAIS E PAIS NO IES DE MELIDE ENAPAS 22-23
Onte deu comezo a nova edición da Escola de Nais e Pais do IES de Melide, con unha sesión adicada á motivación e ás dificultades de aprendizaxe, como guiar no estudo sen sobreprotexer. Nesta charla-obradoiro organizada polo IES, contamos coa presenza de Virginia Castro Crespo e Sara Lagunas, de Aloumiño Coaching familiar que realizaron distintas dinámicas coas nais e pais presentes para tratar de responder a estas cuestións que preocupan ás familias, e que a escola debe ter en conta para favorecer a aprendizaxe do nosos alumnos e alumnas.
ESTREA DO AUDIOVISUAL "AVANZA" CO ALUMNADO DE 2º BAC
O alumnado de Filosofía do Dereito de 2º de BAC, xunto con persoal do propio IES, protagonizou o video "Avanza" para conmemorar a data do 25 de novembro; este audiovisual, realizado en colaboración co Concello e outras entidades, quere visibilizar o rexeitamento á violencia contra a muller e concienciar á sociedade.
A estrea do audivisual podedes vela nesta ligazón: https://youtu.be/KkRTrSvx9Yk
Festaza da Filosofía no IES
Que pasou? Que se celebra? Que foi?
Foi que seguimos a namorar ca Filosfía, que nos senta moi ben darlle dúas voltas a todo, que seguimos fuxindo da estupidez, que nos gusta estorbar elegantemente: pensando... Feliz día da Filosofía!!
FilosofíasSi
Visita de ACADAR, asociación de mulleres con discapacidad de Galicia.
A asocación de mulleres con discapacidade de Galicia, ACADAR, visitou o noso Ies para falar co alumnado de todos os cursos da ESO sobre a igualdade de xénero, a violencia e a situación das mulleres con discapacidade.
Desta forma, iniciamos o noso traballo de sensibilización para o 25 N, día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.
O ALUMNADO DO CICLO DE CARPINTERÍA E MOBLE VISITA EMPRESAS DO SECTOR
Os alumnos do Ciclo de Carpintería e Moble xunto co alumnado de FP Básica e alumnos e alumnas de Economía da empresa de 2º de Bacherelato, visitaron e coñeceron as novidades en materiais e procesos en empresas do sector, onde puideron ver as últimas tecnoloxías aplicadas ao mundo da madeira en Finsa Santiago como ó da carpintería na empresa Carpintería O Pino.
DÍA DO PEÓN
"Polo San Martiño, peóns ao camiño". Seguindo coa tradición do xogo popular, no IES de Melide celebramos hoxe o Día do Peón con un torneo no recreo. Despois de ler o manifesto a prol deste tradicional xogo, levouse a cabo unha tirada de peóns para ver quen demostraba máis habelencia neste xogo. Con un elevado nivel, premiouse aos catro semifinalistas.
Animamos a rapaces e maiores a seguir disfrutando deste xogo tradicional e a ensinar aos máis novos.
O alumnado de TIC do IES de Melide acude aos Encontros de Ciber-seguridade
O alumnado de TICs de Bacharelato acudiu no día de onte ao Encontro Galego de Ciber-seguridade celebrado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
OUTONO XOVE: actividades de fin de semana en albergues xuvenís, para a mocidade de 14 a 17 anos.
OUTONO XOVE é un programa que busca ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega de entre 14 a 17 anos, durante as fins de semana nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.
As actividades son variadas, dependendo do programa: manexo de dron, bicicleta de montaña, arte urbana, impresión 3D, orientación, xogos de escape, realidade virtual, xeolocalización, etc.
O prezo é de 25 euros (desconto por ser familia numerosa) que inclúe a manutención de venres a domingo e o aloxamento.
O prazo de inscrición está aberto. Non perdas a oportunidade!!
Para máis información preme aquí.
Final do II Torneo de Ping-pong do IES de Melide
Hoxe tivo lugar a final do II Torneo de tenis de mesa que se celebra no IES de Melide. O gañador desta edición foi Marcos Rivadulla Fociños de 2º de Bacharelato, quedando no segundo posto David Valcárcel Pazos de 4º ESO, nunha final intensa e de gran nivel de xogo. Parabéns aos laureados!
O terceiro e cuarto clasificados foron Adrián Andrade e Ángel Pereiro, que tamén levaron diploma de recoñecemento, acompañando a Marcos Rivadulla e a David Valcárcel.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »