You are hereCiencias Naturais
Ciencias Naturais
CLUB DE CIENCIAS
Aqui podedes ver as actividades levados a cabo polo Club de Ciencias.
XORNADA DE ANELAMENTO DAS CEGOÑAS DO IES DE MELIDE
O pasado mércores 29 de maio o alumnado do 1º ESO asistiu ao anelamento dos tres polos das cegoñas situadas no patio do instituto. A actividade foi sumamente gratificante, pois puidemos coñecer, de primeira man, as técnicas que empregan os ornitólogos para estudar a vida e migracións desta interesante especie. O anelamento destas aves permitiranos, nun futuro, poder ter información sobre a súa idade e as rutas migratorias que seguen estes exemplares.
Enlace co resto de fotos da xornada: https://drive.google.com/drive/folders/1_MREVaRho9Jsy4uW_1YokseO0x4KtzoP
VISITA AO LABORATORIO DE MEDICINA XENÓMICA
O pasado sábado 16 de marzo, o alumnado que está a cursar a materia de Bioloxía de 2º de bacharelato visitou os laboratorios de Medicina Xenómica do Hospital Clínico de Santiago. Tiveron a honra de coñecer as instalacións da man do seu director, o Doutor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e experto internacional en Xenética. O Dr. Carracedo ensinou ao noso alumnado moitas das técnicas e os aparellos que se empregan na actualidade para detección de enfermidades xenéticas: máquinas que permiten a secuenciación do xenoma humano, aparellos que permiten amplificar o ADN (PCR) para a súa posterior secuenciación, técnicas que permiten construír cariotipos humanos para a detección de mutacións cromosómicas, etc.
Sentímonos enormemente agradecidos por poder gozar desta enriquecedora xornada, a cal, sen dúbida, quedará por sempre no recordo de todos nós e estamos convencidas de que influirá na toma de decisións sobre o futuro profesional do noso alumnado.
CHARLA - OBRADOIRO "OS MORCEGOS DE GALICIA"
O xoves día 8 de novembro o alumnado da materia de Flora e Fauna Galegas de 2º ESO A-B recibiu a visita da experta en morcegos Ledicia Santos, da Asociación Drosera (Morcegos de Galicia). Ledicia contou ao alumnado moitas curiosidades respecto a estes asombrosos animais, moitas veces inxustamente tratados polo descoñecemento que se ten cara eles. Destacou que os morcegos son magníficos controladores de pragas, xa que os morcegos de Galicia basean a súa dieta en insectos: nunha soa noite poden chegar a comer ata 3000 mosquitos!! Tamén mostrou algunhas das técnicas que empregan os científicos para o seu estudo, tales como detectores de ultrasóns ou redes de néboa para a súa captura. Esta visita permitiu achegar ao noso alumnado a un coñecemento máis profundo destes animais, desmontando moitos mitos e lendas.
CLUB DE CIENCIA
CONSTRUCIÓN DUN HOTEL DE INSECTOS E DUNHA CHARCA PARA FOMENTAR A BIODIVERSIDADE NO PATIO DO NOSO INSTITUTO
OLIMPÍADA GALEGA DE BIOLOXÍA. 2º BACHARELATO
O pasado venres 12 de xaneiro do 2018 tivo lugar en Vigo a XIII Olimpíada de Bioloxía (Fase autonómica). Asistiron á mesma Paula Ares Turrado, Iria Barreiro Vázquez, Patricia López Andrés e David Sesar Casal, acompañados pola súa profesora Cristina Viqueira Gómez. Unha vez alí gozaron, xunto con outros 100 alumnos procedentes de 31 institutos de Galicia, dunha interesante xornada aprendendo bioloxía e demostrando o aprendido durante todos estes anos. Aínda que non foron seleccionados entre os 3 gañadores, non dubidamos que os nosos alumnos fixeron una proba magnífica, polo que dende aquí, queremos felicitalos.
VISITA Ó RÍO FURELOS. PROXECTO RÍOS
Dentro do Proxecto Ríos o alumnado de 4º ESO A e C achegouse ó río Furelos co obxecto de facer unha primeira valoración do estado das augas a través da identificación de especies bioindicadoras.