You are hereBoletín, Documentos, Organigrama, Perfil do idioma no centro
Boletín, Documentos, Organigrama, Perfil do idioma no centro
DÍA DAS LETRAS NO IES DE MELIDE
No ENLG do IES de Melide temos o bo costume (somos así de riquiñ@s) de facer un pequeno agasallo para celebrar o Día das Letras Galegas.
Este ano, para festexar a poesía de Xela Arias, fixemos estas pequenas caixiñas/xoieiro, que agochan algunha sorpresa: letras fermosas deitadas nun leito de chuches. Estas caixiñas teñen ademáis unha cualidade sorprendente: tanto valen para gardar brincos e aneis, como para gardar o carozo desa primeira ameixa que compartiches co teu amor. Para gardar pensamentos que che quitan o sono (tanto se os queres reservar como desbotalos) tamén serven. Serven ata para gardar esas lembranzas que aparecen, de súpeto, cando en vez de comerte un "Sugus" parece que almorzas madalenas con Proust.
Dádelle o uso que queirades. Eso fainas aínda máis fermosas.
Pero lede o poema de Xela.
Feliz día das Nosas Letras!!
O CICLO DE MADEIRA DO IES MELIDE CREA UN GLOSARIO VISUAL EN LINGUA DE SIGNOS SOBRE O MUNDO DA MADEIRA
O catálogo de 200 termos do mundo da carpintería en galego, castelán e na lingua de signos, vén de ser reseñado na prensa, poñendo de relevancia a importancia desta iniciativa pioneira no mundo educativo e profesional, de grande utilidade e proxección. Unha importante contribución do centro ao desenvolvemento dun ciclo profesional que cada vez ten máis demanda. Fan falta moitos carpinteiros... e carpinteiras.
24 DE FEBREIRO DE 2021. DÍA DE ROSALÍA
Máis vídeos sobre a celebración do Día de Rosalía, o 24 de febreiro. Nin as máscaras puideron impedir que lle rendésemos homenaxe, un ano máis, á Nai da nosa lingua.
SEGUIMOS CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS
O día das Letras foi algo inusual...e precisamente por iso seguimos a celebralo!! Neste caso os vídeos son realizados por alumnado de 4º de ESO
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS...DESCONFINEMOS O GALEGO!
Hoxe vivimos un 17 de maio un pouco particular, pero o noso alumnado decidiu desconfinar o galego adicando unhes minutos a Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle adica o día das Letras Galegas este ano. Feliz día das Letras!!
No vídeo, a alumna Carla Rivadulla de 2º de BAC.
CONMEMORACIÓN: SEMANA DE ROSALÍA
Durante a semana do 2 ao 6 de marzo de 2020, conmemorouse no IES de Melide a semana de Rosalía. Durante esta semna, a banda musical que se escoitou durante os receros foi "Rosalía musicada" e ademáis contamos cun pousadoiro fototgráfico, recitado de poesía...
Por outra banda, o xoves día 5 na biblioteca do centro contamos cunha lectura de fragmentos de distintas obras de Rosalía, un recitado conxunto dalgúns dos sus poemas e con unha adpatación ó flamenco de Negra Sombra.
CONCERTO “PRESUME DE GALEGO”
Como cada ano, o último venres do mes de xaneiro tivo lugar o concerto "Presume de Galego" na sala Gatos de Melide. Nesta quinta edición e seguindo o costume dos anos anteriores, o cartaz foi elaborado por alumnado do IES de Melide.
Ademáis, durante a mañá tivo lugar un encontro dos artistas dos grupos Ezetaerre e Os Diplomáticos de Montealto co alumnado de 1º e 2º de FPb e 1º e 2º de BACH.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »