You are hereBoletín

Boletín


O CICLO DE MADEIRA DO IES MELIDE CREA UN GLOSARIO VISUAL EN LINGUA DE SIGNOS SOBRE O MUNDO DA MADEIRA

O catálogo de 200 termos do mundo da carpintería en galego, castelán e na lingua de signos, vén de ser reseñado na prensa, poñendo de relevancia a importancia desta iniciativa pioneira no mundo educativo e profesional, de grande utilidade e proxección. Unha importante contribución do centro ao desenvolvemento dun ciclo profesional que cada vez ten máis demanda. Fan falta moitos carpinteiros... e carpinteiras.

Acceso ao catálogo visual

 

24 DE FEBREIRO DE 2021. DÍA DE ROSALÍA

Máis vídeos sobre a celebración do Día de Rosalía, o 24 de febreiro. Nin as máscaras puideron impedir que lle rendésemos homenaxe, un ano máis, á Nai da nosa lingua.

 

SEGUIMOS CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS

O día das Letras foi algo inusual...e precisamente por iso seguimos a celebralo!! Neste caso os vídeos son realizados por alumnado de 4º de ESO

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS...DESCONFINEMOS O GALEGO!

Hoxe vivimos un 17 de maio un pouco particular, pero o noso alumnado decidiu desconfinar o galego adicando unhes minutos a Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle adica o día das Letras Galegas este ano. Feliz día das Letras!!

 No vídeo, a alumna Carla Rivadulla de 2º de BAC.

CONMEMORACIÓN: SEMANA DE ROSALÍA

Durante a semana do 2 ao 6 de marzo de 2020, conmemorouse no IES de Melide a semana de Rosalía.  Durante esta semna, a banda musical que se escoitou durante os receros foi "Rosalía musicada" e ademáis contamos cun pousadoiro fototgráfico, recitado de poesía... 

 

Por outra banda, o xoves día 5 na biblioteca do centro contamos cunha lectura de fragmentos de distintas obras de Rosalía, un recitado conxunto dalgúns dos sus poemas e con unha adpatación ó flamenco de Negra Sombra. 

 

 

 

CONCERTO “PRESUME DE GALEGO”

Como cada ano, o último venres do mes de xaneiro tivo lugar o concerto "Presume de Galego" na sala Gatos de Melide. Nesta quinta edición e seguindo o costume dos anos anteriores, o cartaz foi elaborado por alumnado do IES de Melide.

Ademáis, durante a mañá tivo lugar un encontro dos artistas dos grupos Ezetaerre e Os Diplomáticos de Montealto co alumnado de 1º e 2º de FPb e 1º e 2º de BACH. 

 

 

PROXECTO EU PRESUMO DE GALEGO PREMIADO

O pasado sábado, un grupo de profesorado do ENL do IES de Melide e vari@s alumn@s recolleron o Premio Mil Primaveras Máis, outorgado ao Proxecto EU PRESUMO DE GALEGO.,  desenvolvido ao longo dos ultimos cinco anos e que premia aqueles proxectos cuxo obxectivo e normalizar o uso da nosa lingua especialmente na mocidade. Grazas a tod@s @s que colaborades , curso tras curso, neste marabilloso proxecto....e a aquel@ s que aínda non o coñecedes.....non sabedes o que  perdedes!!!!!

Mil grazas a tod@s...especialmente a eses seres extraordinarios que transitan os corredores do IES de Melide e que ano tras ano, entusiasmados,  acollen as nosas propostas.

PremioMilPrimaveras1

PREMIO MIL PRIMAVERAS PARA "EU PRESUMO DE GALEGO"

O xurado premiou o proxecto Eu presumo de galego (IES de Melide) na categoría de fomento do galego na infancia e/ou mocidade, por ofrecer un modelo de traballo de calidade para a detección de necesidades concretas en contextos galegofalantes, onde a reflexión sociolingüística e a promoción do galego entre a mocidade se insiren nun proxecto educativo transversal. Valorouse positivamente a súa flexibilidade e eficiencia, que o converten en modelo transferible tanto a contextos educativos galegofalantes como a castelanfalantes. A partir dunha actividade concreta como un concerto, o IES de Melide creou un proxecto transversal que inclúe accións relacionadas coas matemáticas, a tecnoloxía, o traballo coa madeira, a radio ou a edición de vídeo. Entregou o premio María Ortega, deputada provincial de Normalización Lingüística.

Saber máis

PremioMilPrimaveras

Mención de honor no concurso en liña "LINGUA DE NAMORAR"

A alumma do IES de Melide Anabel López Blanco de 1º de bac. recibiu unha mención honorífica na súa participación no concurso organizado por política lingüística " O galego, Lingua de namorar ", en palabras dos organizadores "pola súa frescura e denotación pola identidade e lingua propias". Máis información na páxina oficial do concurso.

 Noraboa Anabel

CONCERTO "PRESUME DE GALEGO"

O 27 de xaneiro, derradeiro venres do mes, celebramos, como xa é tradición,   a 3ª edición do Concerto PRESUME DE GALEGO.

cartaz

Neste día contamos con sesión doble: pola mañá, nas dúas últimas sesións, tivemos a oportunidade de escoitar a Bocixa, vocalista de Zenzar, e a  Paco, guitarrista do mesmo grupo. Nunha amena sesión, e tamén animada, nos contaron as dificultades que se atopan á hora de facer rock en galego e seguir ao pé do canón despois de 25 anos.

sesion matinal

Pola tarde, a sesión trasladouse ao pub Gatos, catedral do rock galego.Tivemos a oportunidade de escoitar en primeiro lugar a Nuada, grupo de Teixeiro que namorou literalmente coa súa música, en segundo lugar a Cuaarta Xusta, no que interveñen alumnos e exalumnos do IES que tiveron que facer varios bises ante un público entregadoe...finalmente, ao grupo de rock convidado: ZENZAR, rock comprometido e veterán que nos deu unhas clases do bo facer no esceario.

sesion tarde

En definitiva...un ano máis o concerto de PRESUME DE GALEGO foi algo espectacular e o seu éxito  anima ao Equipo de Normalización do IES de Melide a seguir organizándoo en cursos vindeiros

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido