You are hereSecretaría / Taboleiro

Taboleiro


ABERTO PRAZO SOLICITUDE FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Está aberto o prazo para a solicitude do fondo solidario de libros de texto para o curso 2023-24 e axudas para adquirir material escolar.

O prazo para realizar as solicitudes remata o 21 de xuño.

As solicitudes poden presentarse de forma telematica a través da aplicación FONDOLIBROS ou presencialmente no centro presentando ANEXO I e ANEXO II.

Máis información NESTA LIGAZÓN.

ENTREGA LIBROS DE TEXTO CURSO 22-23

Os libros do alumnado beneficiario do fondo de libros entregaranse entre os días 8 e 9 de setembro.

Serán os titores dos alumnos quen lles entreguen unha bolsa cos libros asignados máis o xustificante de entrega que deberá ser devolto, debidamente asinado polos responsables ao día seguinte.

CALENDARIO ADMISIÓN FP

O prazo de admisión para os Ciclos de FP estará aberto dende o día 23 de xuño ás 9:00 ata o 5 de xullo ás 14:00h. 

Máis información preme aquí 

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Publicada a orde pola que se convocan as axudas para o fondo solidario de libros de texto para o curso 2022/23.

PRAZO DAS SOLICITUDES: dende o 19 maio ata o 22 de xuño incluído.

-Acceso á aplicación para a solicitude telemática.

-ANEXO I e II, para a presentación presencial na secretaría do centro

Máis información 

PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO

Aberto o prazo para presentarse aos premios extraordinarios de bacharelato. Dirixido a todo o alumnado que rematara os seus estudos o curso 2021/22. O prazo para solicitar a participación vai dende o 26 de abril ata o 25 de maio de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN    

DIRECTRICES SOBRE O USO DE MÁSCARAS

Publicado, por parte da Dirección Xeral de Saúde püblica, as directrices sobro o uso de máscaras no ámbito educativos.

Recoméndase o uso da máscara nos seguintes casos:

  • Persoal traballador do centro educativo.
  • Alumnado do centro educativo.
  • Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
  • Persoas traballadoras.
  • Visitas cando estean en zonas compartidas.
  • Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

MÁIS INFORMACIÓN   

PRIMAVERA XOVE

Trasladamos a información que nos chegou sobre o programa Primavera Xove proposto pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O obxectivo deste programa é o de ofrecer novas iniciativas e alternativas saudables de ocio á mocidade para o seu tempo libre e levarase a cabo entre os meses de maio a xuño. Está composto por tres formatos de accións diferentes totalmente gratuítas que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas.

MÁIS INFORMACIÓN

 

USO DAS MÁSCARAS NO PATIO

As Consellerías de Sanidade e Educación publicaron o pasado venres 18 pola tarde un comunicado no que anuncian o acordo de deixar de recomendar o uso de máscaras nos espazos ao aire libre nos centros educativos, polo que:

  • O uso da máscara no patio do centro pasa a ser voluntario.
  • O uso da máscara dentro do centro educativo segue a ser obrigatorio.
  • Recoméndase que o alumnado leve ou un recipiente que lle permita gardar a máscara en caso de que a quite no patio ou algún mecanismo que lle permita tela colgada e volver a poñer facilmente no momento en que entre no recinto escolar.

Ligazón ao comunicado da Consellería  

PROTOCOLO CONTACTOS ESTREITOS NOS CENTROS EDUCATIVOS

Tal e como se recolle no anuncio publicado pola Consellería de Educación, a patir deste 7 de marzo, os centros educativos, como non son considerados ámbitos vulnerables,  DEIXARÁN de comunicar os contactos estreitos e serán as propias persoas que dean positivo en COVID as encargadas de contactar cos seus contactos estreitos.

MAIS INFORMACIÓN 

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido