You are hereSecretaría
Secretaría
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
Publicada lista provisional de admitidos e excluídos no Fondo solidario de libros de texto de ESO para o curso 2023-24.
Poden consultarse as litas no taboleiro da secretaria do centro ou acceder en liña desde o seguinte enlace, fondolibros, identificándose con Chave365 ou Certificado dixital.
Ábrese un prazo para subsanar erros nas solicitudes excluídas ata o 31 de xullo e publicarase, nos mesmos lugares, a listaxe definitiva de admitidos e excluídos a partir do 1 de Agosto. Na listaxe definitiva comunicaranse os libros asignados.
Aqueles solicitantes beneficiarios do Vale para Adquisición de material escolar, poderedes pasar a recollelo na Secretaría do centro a partir do 4 de setembro. Deberá recollelo a persoa beneficiaria que fixo a solicitude. En todo caso o vale deberá estar asinado pola persoa beneficiaira, solo poderá empregarse nun establecemento e deberá usarse o antes posible.
Os libros de aquelas persoas con dereito ao fondo solidario, serán entregados ao alumnado a partir do comezo das clases.
PRAZO SOLICITUDES BECAS CURSO 2023-24
No día de hoxe, ábrese o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/24. Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos onlilne.
Poderán ser beneficiarios das distintas contías ao alumnado que no ano académico 23/24 cursen:
- Bacharelato
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
- Formación Profesional de grao medio e de grao superior
- Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
- Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
- Ensinanzas deportivas
- Estudos relixiosos superiores
- Formación Profesional de Grao Básico
PRAZOS: 27 de marzo ao 17 de maio de 2023
Para calquera información no seguinte enlace:
NOVO PRAZO VALIDACIÓNS MATERIAS PARA 1º BAC
Acábase de publicar o Real decreto 14/2023 polo que se modifica o decreto que establecía as convalidacións entre as ensinanzas profesionais de música e danta e a educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
Conforme ao establecido nas instrucións publicadas pola Consellería de Educación, ábrese un novo prazo ata o 7 de febreiro para solicitar validacións para o alumnado de 1º BAC que cumpra os requisitos recollidos nestas instrucións.
LIGAZÓN ÁS INSTRUCIÓNS VALIDACIÓNS 1º BAC
ABERTO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO
Iníciase o proceso de admisión do alumnado de nova incorporación ao centro.
As solicitudes do alumnado procedente de centros adscritos tramítanse a través do centro no que se está matriculado este curso.
A listaxe de alumnado admitido publicarase o vindeiro 25 de febreiro.
O alumando que vai permanecer no centro educativo no debe presentar solicitude. En caso de cambiarse de centro, ten que presentar a solicitude de reserva no centro no que se quere matricular para o vindeiro curso.
Máis información na páxina da Consellería de Educación
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO
Comunícase a apertura do prazo para solicitar axudas ó fondo de libros e de material escolar.
-
Prazo para presentar as solicitudes: ata 22 de xuño (incluído).
-
Lugar de presentación: preferiblemente a través de sede electrónica da xunta, tamén pode facerse presencialmente no centro (solicite cita previa:881866109).
-
Formulario de solicitude: pode descargalo AQUÍ . Tamén está disponible na aplicación fondodelibros e na sede electrónica.
-
Procedemento:
-
Cubrir solicitude (anexo I e II) en formato papel ou directamente na aplicación fondolibros.
-
Presentar esta solicitude en formato papel no centro ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia
-
INCREMÉNTASE O PERSOAL DE LIMPEZA
Trala solicitude feita polo IES de Melide de incrementar o servizo de limpeza do centro, para poder responder adecuadamente ás novas circunstancias derivadas da pandemia do COVID-19. A partires do día 3 de novembro esta plantilla será reforzada con dúas traballadora máis ás que damos a benvida.
Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras
Publicación no DOG do 26 de febreiro, da Orde do 10 de febreiro de 2020, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
ASIGNACIÓN LIBROS DE TEXTO
A asignación do fondo de libros relativa ó curso académico 2017/18 pódese consultar na conserxería do centro.
Os libros asignados serán entregados o día 15 no IES de Melide, na presentación de curso dos distintos grupos co seu titor/a.