You are hereActividades / Extraescolares
Extraescolares
VISITA Ó CIQUS
O 21 de novembro alumnas de 2º de BACH asistiron ás xornadas "A investigación en química: ciencia para un mundo mellor", organizadas polo Centro Singular de Investigación en Química e Materiais Moleculares (CIQUS) en Santiago de Compostela. Durante a tarde, tiveron ocasión de recibir información sobre a investigación levada a cabo no CIQUS ademáis de realizar nun dos seus laboratorios a síntese do paracetamol. Tamén visitaron o centro e tiveron un pequeno coloquio con un investigador postdoutoral sobre o día a día no mundo dun investigador.
VIAXE O CERN
Alumnado de 4º de ESO e 1º de BACH visitou o CERN días antes do inicio do curso escolar. Ademáis de visitar o prestigioso centro de investigación de física de partículas, tamén se visitou a cidade de Xenebra, as sedes da Cruz Vermella e de Nacións Unidas e a ciudade de Lausana. O programa completo amósase baixo estas liñas nun mapa interactivo.
ICÍA GARCÍA CARREGAL, DO IES DE MELIDE, GAÑA O RETO LECTOR 2019
Icía García Carregal, do IES de Melide, gaña o Reto Lector 2019 pola súa recomendación de A FILLA DO MINOTAURO de Marilar Aleixandre.
Parabéns á gañadora e aos cinco finalistas!
POESÍA CON PEGADA II
21 de Marzo 2019, poesía con pegada II no IES de Melide.
XIV Olimpíada de Bioloxía
O pasado venres día 18 de xaneiro, as alumnas de 2º de bacharelato Sarai Martínez Segade e Marta Vázquez Vilariño, asistiron a XIV Olimpíada de Bioloxía que se celebrou na Facultade de Ciencias na Universidade da Coruña. Realizaron unha proba teórica e varias prácticas.
As prácticas foron realizadas nos distintos laboratorios de zooloxía, ecoloxía, bioquímica e botánica, podendo, deste modo, coñecer desde dentro algunhas das ferramentas que se empregan actualmente nos laboratorios da Facultade de Ciencias. Tamén puideron compartir experiencias con compañeiros doutros institutos que reúnen a mesma paixón que elas pola aprendizaxe.
Parabéns chicas pola vosa actitude e aptitude!
José Antonio Ferraces López, 2º clasificado en ebanistería no V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018.
Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, GaliciaSkills 2018 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa Comunidade Autónoma.
Galiciaskills 2018 celebrouse en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, os días 28, 29 e 30 de novembro.
Parabéns para Ferraces e para Adrían Carmuega Salgado que a pesar de non ocupar unha praza entre os dous finalistas, o profesorado do ciclo de carpintaría e moble do IES de Melide certifica a súa meritoria participación.
IES DE MELIDE NA INTERCOMARCAL DE XADREZ
Alumnado de 1º ESO do IES de Melide participou este pasado domingo 29 de abril na fase intercomarcal do torneo de xadrez organizado dentro do programa xogade da Consellería de Educación, quedando como subcampións da súa categoría. Noraboa Iker, Xoel, Raúl, Carlos e Simón.
GALA DOS 50 ANOS DO ENSINO MEDIO EN MELIDE
Un documental e un xantar de reencontros poñen o broche de ouro ós actos conmemorativos do 50 aniversario de ensino medio en Melide.
O alumnado de 2º de ESO que cursa a materia de eNPRoXECTO doulle vida a un documental que, baixo o título “Letras que adornan números”, deu coñecer as idas e benvidas das avenidas das vidas do Colexio Libre Adoptado (1967-1969), da sección Delegada do Arzebispo Xelmirez (1969-1973), do Instituto Nacional de Bacharelato (1973-1966) e do IES de Melide.
Nun emotivo acto, as testemuñas de alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos e pais e nais de diferentes décadas, nos lembraron 50 anos de pasos cruzados compartidos, anos de historias respectuosas coas novas xeracións, que queren ceder o seu protagonismo as letras que non están escritas.
Así remataba o documental, apostando polo liderado compartido, para sermos quen de seguir enfrontando con ilusión os retos do ensino do século 21: unha aposta pola ensinanza plural, sostible, integradora e atenta coa realidade que nos toca vivir para interpretar e construír un mundo bo, xusto e bonito.
CELEBRACIÓN DO 50 ANIVERSARIO DO ENSINO MEDIO EN MELIDE
MEDALLA DE OURO DO CONCELLO DE MELIDE 2017
Estimado Sr./Sra.
En representación do IES de Melide é un pracer para nós informarlle dos actos que terán lugar co gallo da celebración do quincuaxésimo aniversario deste centro de ensino e o que para a comarca de Melide supuxeron estes 50 anos de ensino medio.
Os actos darán comezo o vindeiro 29 de novembro ás 18:30h no IES de Melide,coa Inauguración da Exposición dos 50 anos, onde se recolle unha pequena mostra do material didáctico empregado nos últimos anos no noso instituto, así coma obxectos e recordos que membros da comunidade foron achegando amablemente ó centro para enriquecer esta exposición. Nesta data teremos tamén a oportunidade de ver os traballos que o alumnado Ciclo Medio de Carpintaría e Moble fixo no último curso na “Poxa de Mobles Curso 1967-2017” ás 19:00 h no salón de actos (aula 309) do noso centro.
Remataremos os actos de celebración o día 16 DE DECEMBRO ÁS 12:00H COA GALA 50 ANIVERSARIO TAMÉN NO IES DE MELIDE para posteriormente, desfrutar do Xantar de Celebración e Reencontros previsto para as 14:30h no Pavillón do centro.
Esperamos poder contar con vostede nestes actos de celebración.
Un cordial saúdo,
A DIRECCIÓN
P.D.: É PRECISO CONFIRMAR ASISTENCIA ANTES DO DÍA 11 DE DECEMBRO
-CONFIRMAR ASISTENCIA GALA 50 ANIVERSARIO NO IES de Melide teléfono 881866109 indicar nome e apelidos das persoas asistentes.
-XANTAR DE CELEBRACIÓN E REENCONTROS
Menú: Polbo, carne ó caldeiro, postre e café.
Prezo: 20€
Ingreso en conta BANCO POPULAR ES17 - 0238 - 8194 - 1908 - 5000 - 0197, indicando XANTAR CELEBRACIÓN así como nome e apelidos da persoa ou persoas que asisten.
Medalla de Ouro do Concello de Melide 2017
O pasado día 29 de xuño, día San Pedro, patrón de Melide, foi entregada a MEDALLA DE MELIDE, ano 2017, na súa categoría de OURO, ó IES de Melide, como homenaxe e agradecemento á súa traxectoria e ó encomiable labor en prol da educación, cultura e deporte que fixo no concello.
A imposición de dita medalla foi efectiva nun acto que se celebrou na sala capitular do Concello.
O director de Melide cerraba a súa intervención con estas palabras:
“Se hoxe está aquí o IES de Melide, lévanos a pensar que entre todos e todas algo bo fixemos, e que todos e cada un dos que en maior ou menor medida tivemos relación co IES de Melide nestes 50 anos de historia debemos sentirnos honrados e honradas”.
“Este premio vén sendo un estímulo importante para o IES de Melide para, tomando como referencia o liderado compartido, sermos quen de seguir enfrontando con ilusión os retos do ensino do século 21: unha aposta pola ensinanza plural, sostible, integradora e atenta coa realidade que nos toca vivir para interpretar e construír un mundo bo, xusto e... bonito”.
“Un vello proverbio africano dinos que para educar a un neno, ou nena, fai falta unha tribo enteira”.
“Grazas por pertencer á Comunidade Educativa do IES de Melide”.
Este mesmo día tamén foi tamén foi honrada coa Medalla de Ouro de Melide a biblioteca pública de Melide Xosé vázquez Pintor