You are herePresentación
Presentación
BIBLIOTECA XAQUÍN YEBRA
Que somos?
BIBLIOTECA XAQUÍN YEBRA (IES DE MELIDE)
CENTRO DE RECURSOS DE LECTURA, INFORMACIÓN E APRENDIZAXE,
LUGAR DE ENCONTRO E DE LECER PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA
Obxectivos:
Converterse nun lugar de referencia para toda a comunidade educativa, non só como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, senón tamén como espazo de lecer, tratando de ser un promotor da vida do centro.
Proporcionar un continuo apoio ó programa de ensino- aprendizaxe.
Favorecer a adquisición e o desenvolvemento de hábitos de lectura e escritura.
Procurar a mellora da destreza do alumnado no manexo de distintas fontes de información , no labor de selección crítica da información e na redacción e presentación dos contidos.
Facilitar a construcción autónoma do coñecemento
Asegurar o acceso á unha ampla gama de recursos e servizos, adaptados ás necesidades e intereses dos usuarios.
Facilitar o acceso igualitario aos recursos culturais.
Que ofrecemos?
Servizos que ofrecemos
Fondos varios en diferentes soportes. Consulta o noso catálogo: https://iesmelide.edubib.xunta.gal/
Promover o coñecemento e difusión dos fondos entre toda a comunidade educativa.
Promover a busca de información en diversos soportes a través da formación de usuarios.
Promover o acceso á lectura en distintos formatos.
Facilitar o acceso a INTERNET
Ofertar servizos lúdico / recreativos
Prestar servizo de asesoramento sobre o material e fondos existentes e o seu uso.
Recursos dos que dispoñemos
Fondos varios en diferentes soportes, así hai libros de lectura, coñecemento, consulta, películas, cds musicais, banda deseñada..... Consulta o noso catálogo: https://iesmelide.edubib.xunta.gal/
TV e DVD para poder consultar en sala ou traballar en pequenos grupos.
Zona de xestión.
Zona de traballo e consulta con mobiliario versátil para adaptarse ás necesidades plantexadas.
Un blog de opinión e recomendacións que podes mirar no seguinte enlace: http://biblomelide.blogspot.com.es/
Ordenadores portálies con wifi (10), un para a xestión da biblioteca.
Zonas de lectura informal
Unha páxina web (incluída na páxina xeral do instituto) para informar sobre a biblioteca e as súas actividades.
Xogos varios (trivial, pasa palabra, xadrez...)
Xornais (Diario Nós, La voz de Galicia, El Correo Gallego e SERMOS) e Revistas (Dez, Muy intersante, National Geographyc, Geo…)