You are hereXeografia e historia

Xeografia e historia


O SERPRONA NO IES DE MELIDE

O xoves 7 de marzo visitou o noso centro a unidade do SERPRONA da G. Civil de Santiago para dar unha charla e unha entrevista na radio do noso instituto sobre o medio ambiente na Terra de Melide. Na actividade participou alumnado de 1º e 2º BAC das materias de bioloxía e xeografía.

Charla SERPRONA

VISITA A METEOGALICIA

 O pasado dia 14 de novembro o alumnado de 1º ESO, acompañado por profesorado dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e mais Xeografía e Hª,  viaxaron a Santiago para facer unha aproximación  ao mundo educativo na Galicia dos inicios do século XX a través da exposición  “ Castelao Maxistral “ sita na Cidade da Cultura . Tamén visitaron a sede de Meteogalicia, para coñecer de preto os diferentes aparatos de medición dunha estación metereolóxica.  Cos seus técnicos coñemos a predicción do tempo metereolóxico, e tamén como se está a producir un cambio climático e as súas consecuencias nas nosas vidas.

Meteogalicia

conferncia "MAIO DO 68 EN COMPOSTELA"

Ricardo Gurriarán, doctor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, estivo este martes co alumnado de 1º bach que cursa a materia de historia do mundo contemporáneo para explicar como foi e como se viviu o maio do 68 en Compostela.

maio68Compostela

ÁNGELES VÁZQUEZ ANIMA AOS MOZOS A APROVEITAR AS OPORTUNIDADES QUE OFRECE O RURAL PARA VIVIR E TRABALLAR

A conselleira impartiu unha charla no IES de Melide e pediulles aos alumnos participantes que se impliquen a través da formación na tarefa de consolidar “o noso rural como referente de calidade e bo facer”

Destacou o potencial dos sectores gandeiro, agrícola e forestal e repasou outras actividades tamén en auxe no agro galego, caso da produción de castañas, planta ornamental, kiwis e outros froitos.

Galicia non se entende sen o rural porque, entre outras razóns, o 97,8% dos concellos da nosa comunidade defínense como rurais. Así o destacou a conselleira Ángeles Vázquez na charla que pronunciou esta mañá diante duns 85 alumnos de ESO do Instituto de Ensino Secundario (IES) de Melide. A titular de Medio Rural animou a estes mozos a aproveitar as oportunidades que lles ofrece o agro galego para vivir e traballar, sempre dende a base da formación. “Unha formación clave para a especialización e a profesionalización do noso agro”, sinalou a conselleira.Ángeles Vázquez fixo unha descrición da realidade do medio rural galego e as súas perspectivas de futuro. Así, comezou explicando a importancia de instrumentos coma o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 de Galicia, que está dotado cun orzamento de máis de 1.186 millóns de euros e no que participan a Unión Europea, a Administración do Estado e a propia Xunta. A conselleira debullou os principais obxectivos do PDR, que se centran en fomentar a competitividade da agricultura tanto a través da modernización das explotacións como incorporando agricultores mozos á actividade, promover a xestión sustentable dos recursos naturais e mellorar a calidade de vida da poboación rural.

Ángeles Vázquez salientou ademais o potencial dos nosos sectores gandeiro, agrícola e forestal. Así, en relación con este último, lembrou que Galicia conta con algo máis de dous millóns de hectáreas de superficie forestal, sendo a novena potencia europea neste eido e a primeira comunidade española en canto a cortas de madeira.

Enlace a FALAMELIDE (Entrevista)http://falamelide.weebly.com/curso-2017-2018.html


 

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE JIM SPORTS

O pasado martes, 20 de Febreiro, o alumnado do IES de Melide tivo o pracer de visitar as instalacións da empresa JIM Sports, situada no concello de Palas de Rei.

Os grupos de 3º ESO, Economía de 1º de Bacharelato e Xeografía de 2º de Bacharelato, a cargo dos departamentos de Educación Física, Economía e Xeografía e Historia, puideron coñecer o funcionamento da maior empresa galega do sector deportivo.

O Grupo JIM Sports fórmano seis empresas, encargadas de fabricar e importar todo tipo de material deportivo, superando as 10.000 referencias no seu catálogo, ao que debemos sumar estruturas, equipamento e obra deportiva, material publicitario e serigrafía. O seu abano de compradores abarca ata 30 países.

Agradecer ao noso anfitrión, Jesús Manuel Graña, fundador e dono do grupo empresarial, quen exerceu de guía durante toda a visita. Grazas a el, coñecemos o funcionamento de todas as súas instalacións, ao seu persoal e os diferentes factores que explican a súa localización. O alumnado puido observar un gran exemplo de como un emprendedor pode chegar a desenvolver unha industria punteira e con alta tecnoloxía.

A nosa visita concluíu cunha pequena entrevista e ronda de preguntas a Jesús Manuel Graña,  onde o alumnado abordou todas aquelas dúbidas acerca da empresa e o mundo do deporte. Rematando coa visualización dun breve vídeo sobre as obras e proxectos máis destacados da empresa naquelas zonas onde se atopa activa, posto que unha das características de JIM Sports e mellorar as condicións de vida dos seus traballadores e do medio ambiente.

Sen dúbida, unha visita para repetir.

JimSports

 

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido