You are hereNovas
Novas
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
Publicada lista provisional de admitidos e excluídos no Fondo solidario de libros de texto de ESO para o curso 2023-24.
Poden consultarse as litas no taboleiro da secretaria do centro ou acceder en liña desde o seguinte enlace, fondolibros, identificándose con Chave365 ou Certificado dixital.
Ábrese un prazo para subsanar erros nas solicitudes excluídas ata o 31 de xullo e publicarase, nos mesmos lugares, a listaxe definitiva de admitidos e excluídos a partir do 1 de Agosto. Na listaxe definitiva comunicaranse os libros asignados.
Aqueles solicitantes beneficiarios do Vale para Adquisición de material escolar, poderedes pasar a recollelo na Secretaría do centro a partir do 4 de setembro. Deberá recollelo a persoa beneficiaria que fixo a solicitude. En todo caso o vale deberá estar asinado pola persoa beneficiaira, solo poderá empregarse nun establecemento e deberá usarse o antes posible.
Os libros de aquelas persoas con dereito ao fondo solidario, serán entregados ao alumnado a partir do comezo das clases.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO
Aberto o prazo para concurrir aoa premios extraordinarios de bacharelato dende o 26 de abril ata o 25 de maio.
Máis información nesta ligazón.
DEVOLUCIÓN LIBROS DA ANPA
Comunicamos o procedemento para a recollida dos libros da ANPA "Terra de Melide" que nos trasladan os seus responsables.
- Días para entregar os libros de texto: 21 e 22 de xuño
- Procedemento:
- o alumando levará os libros de texto do ANPA ao instituto, nunha bolsa pechada e identificada pola parte de fóra co NOME, APELIDOS E CURSO.
- Non mesturar os libros de texto de varios nenos nunha única bolsa. UNHA BOLSA POR NENO/A.
- A bolsa deixaranna enriba do pupitre ás 14:15h, logo será recollida e entregada ós respondables do ANPA.
ESCOLA NAIS E PAIS DO IES DE MELIDE
Como pensa e sinte un adolescente?
Como acercarnos de forma afectiva e efectiva aos nosos fillos/as?
Como axudar aos nosos fillos/as na resolución de conflitos
Como incentivar e motivar aos nosos fillos/as
Espazo web e blog para a escola de nais e pais do IES de Melide.
Espazo web e blog para a escola de nais e pais do IES de Melide
Espazo web e blog para a escola de nais e pais do IES de Melide.
http://escoladenaisepaisdoiesdemelide.weebly.com/
Benvid@s a este espazo, que non pretende ser máis que unha extensión da escola de nais e pais que hoxe poñemos en marcha.
Queremos que esta escola sexa algo máis que unha reunión mensual. Gustaríanos que os debates e as propostas que saen destas xuntanzas, traspasasen as catro paredes do centro e se leven á vida familiar. A idea é tomar estes encontros como un punto de partida da reflexión, da análise e do debate sobre o noso xeito de ser nais e pais e do modelo de educación que lle pretendemos dar aos nosos fillos e as nosas fillas.
Como ademais sabemos que educar non é doado, ofrecemos este soporte para ter un punto de contacto permanente onde todos poderemos lanzar ao ar unha dúbida, unha inquedanza, unha proposta ou simplemente unha reflexión sobre o que estamos a vivir.
Benvid@s de novo e graciñas por estar.
ANPA "TERRA DE MELIDE" - DEVOLUCIÓN E PRÉSTAMO DE LIBROS COMPARTIDOS
O Venres 4 e Luns 7 de Setembro son os días destinados á devolución dos libros prestados polo Banco de Libros en horario de 10 a 1 da mañá no local da ANPA
Por outra banda os interesados en seguir percibindo o préstamo para este curso deberán ademais ter ó día a cota de socio.
O préstamo farase unha vez iniciado o curso ao longo da primeira quincena.
Calquera cuestión que vos xurda podedes consultala nos teléfonos:
Jose 615469722 Chus 605889738