You are hereLingua Portuguesa
Lingua Portuguesa
O alumnado de Lingua portuguesa celebrando o 25 de abril
Hoxe 25 de abril, o alumnado de Lingua portuguesa xuntouse para cantar "Grândola Vila Morena" de José Afonso, co gallo da conmemoración do 25 de abril, Día de Portugal, convidando a toda a comunidade educativa a entonar esta canción símbolo da liberdade, fraternidade e solidariedade dos pobos.
MATERIAL PARA A MATERIA DE PORTUGUÉS PARA A SEMANA DO 16 O 18 DE MARZO
Nos seguintes pdf podedes atopar o material da materia de Portugués para a semana do 16 ao 18 de marzo para os cursos:
CONMEMORAMOS A REVOLUÇAO DOS CRAVOS
Dende o departamento de Lingua Portuguesa organizouse un ano máis, unha pequena xuntanza na entrada do centro para conmemorar a revoluçao dos cravos e celebrar tamén o 25 de abril.
Todos xuntos cantamos o Grándola Vila Morana e recordamos como un pobo unido pode cambiar unha nación sen necesidade de conflito armado, todo un exemplo dunha nación que derriba muros para construír pontes.
Ângelo Torres, “contador de estórias” no IES de Melide
Ângelo Torres, actor, realizador e “contador de estórias” natural de São Tomé, estivo o luns 17 de xaneiro no IES de Melide para contarnos historias que, como el explicou, foran inventadas pola avoa da avoa da avoa da avoa da avoa da avoa da………………………… da súa avoa. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura e dirixida, fundamentalmente, ao alumnado de Portugués 2ªLingua Estranxeira.