You are herecontent / VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE JIM SPORTS

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE JIM SPORTS


O pasado martes, 20 de Febreiro, o alumnado do IES de Melide tivo o pracer de visitar as instalacións da empresa JIM Sports, situada no concello de Palas de Rei.

Os grupos de 3º ESO, Economía de 1º de Bacharelato e Xeografía de 2º de Bacharelato, a cargo dos departamentos de Educación Física, Economía e Xeografía e Historia, puideron coñecer o funcionamento da maior empresa galega do sector deportivo.

O Grupo JIM Sports fórmano seis empresas, encargadas de fabricar e importar todo tipo de material deportivo, superando as 10.000 referencias no seu catálogo, ao que debemos sumar estruturas, equipamento e obra deportiva, material publicitario e serigrafía. O seu abano de compradores abarca ata 30 países.

Agradecer ao noso anfitrión, Jesús Manuel Graña, fundador e dono do grupo empresarial, quen exerceu de guía durante toda a visita. Grazas a el, coñecemos o funcionamento de todas as súas instalacións, ao seu persoal e os diferentes factores que explican a súa localización. O alumnado puido observar un gran exemplo de como un emprendedor pode chegar a desenvolver unha industria punteira e con alta tecnoloxía.

A nosa visita concluíu cunha pequena entrevista e ronda de preguntas a Jesús Manuel Graña,  onde o alumnado abordou todas aquelas dúbidas acerca da empresa e o mundo do deporte. Rematando coa visualización dun breve vídeo sobre as obras e proxectos máis destacados da empresa naquelas zonas onde se atopa activa, posto que unha das características de JIM Sports e mellorar as condicións de vida dos seus traballadores e do medio ambiente.

Sen dúbida, unha visita para repetir.

JimSports

 

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido