You are hereActividades / Extraescolares
Extraescolares
ENTREGA DE PREMIOS PARLAMENTO XOVE 2014
María González Vázquez (1º de BAC-B do IES de Melide) foi seleccionada como unha das mellores oradoras da competición. Na foto posa xunto ó resto de premiados e a deputada do Parlamento de Galicia Marisol Soneira.
Parabéns,
a Dirección do IES de Melide
OLIMPIADA DE XEOLOXÍA
O pasado 18 de Febreiro Rocío Mellid Carballal e Cristina García Bande (de 1º de Bacharelato) e Adrián Mourazos Asorey e Lucía Pampín Sande (de 4º de ESO), acompañados polo profesor Xosé Luís Castro Blanco, representamos ó IES de MELIDE na 5ª Olimpíada de Xeoloxía (fase galega) celebrada en diversas localidades de Galicia. A proba acolleu arredor de 300 alumnos de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, dos cales 50 fixeron a proba na Escola Politécnica Superior de Lugo.
A pesar dos grandes resultados acadados na proba, non foi posible pasar a fase estatal; as tres persoas que pasaron cursaban 2º de Bacharelato no I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago.
Animamos a que no vindeiro ano máis alumnado do noso centro vaian representar a Melide e poidan gozar dunha xornada diferente.
O alumnado participante
Grazas polo voso esforzo e noraboa a todos/as…
A Dirección
MELLOR ORADORA DO PARLAMENTO XOVE 2014
O equipo que acudiu á 5ª edición do Parlamento Xove en representación do noso Instituto, non conseguiu pasar á final, a pesares dos seus brillantes resultados, reflectidos nunhas puntuacións equiparables ás dos equipos que si o fixeron.
Ademais, regresaron coa satisfacción de ter entre eles a mellor oradora desta edición, María González Vázquez.
O resto dos componente do Equipo do IES de MELIDE foron: Uxía Ferreiro Vilariño, Pablo Vilasante González, Adrian Prieto de Dios, coordinados pola profesora María Dolores Vázquez García.
PARTICIPACIÓN NO "PARLAMENTO XOVE"
Este venres-14 e sábado-15 de febreiro, alumnos de Bacharelato procedentes de 24 centros educativos de toda Galicia reuniranse no edificio da Deputación da Coruña para debater. A temática elixida é o “sexismo” na xuventude e os debates preliminares xirarán en torno á seguinte pregunta: Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais...
O equipo que representa ao IES de Melide está conformado por Uxía Ferreiro Vilariño, Pablo Vilasante González, Adrian Prieto de Dios e María González Vázquez; coordinados pola profesora María Dolores Vázquez García (Dep. Filosofía).
Máis información http://www.parlamentoxove.com/
Parlamento Xove trátase dunha competición organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Traballo e Benestar) na que os diversos equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán acerca dun tema. Realizarase en dúas grandes fases: unha clasificatoria con debates provinciais da que xurdirán oito equipos gañadores que se enfrontarán nunha segunda fase: a final. Paralelamente a elo, os equipos entregarán dossieres de investigación que contarán cun premio especial ao mellor documento.
O IES DE MELIDE NA TVG
Este sábado-25 ás 12:30 no programa A REVISTA poderemos ver unha gravación feita no noso instituto sobre o xogo popular e tradicional.
FELICES VACACIÓNS
O alumnado do IES de MELIDE despide o trimestre con una proxección de cinefórum, un debate sobre sexismo, una cata de queixo Arzúa-Ulloa, xogos de mesa, xogos deportivos, karaoke e un obradoiro de coiro e corda.
VÉMONOS O XOVES-9 DE XANEIRO
Que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, perseveranza para seguir adiante, e valentía para superar sempre os vosos límites...
FELICES VACACIÓNS!
HOMENAXE A CORA E A PATRICIA
O IES DE MELIDE RINDE HOMENXE a CORA AYUDE PALLAS (2ºBAC A) e a PATRICIA LÓPEZ ANDRÉS (2º ESO C) polos éxitos acadados (1º posto nas modalidades de Semi contac e de Light contac) no CAMPIONATO DO MUNDO de Kick Boxing celebrado en Carrara (Italia) a pasada fin de semana.
1º PREMIO NO CONCURSO DE CURTAMETRAXES PARA ESCOLARES SOBRE DOAZÓNS E TRANSPLANTES
A Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia ven de conceder os premios correspondentes ao III Concurso de Curtametraxes para escolares relacionados coa doazón e os transplantes. O primeiro premio foi outorgado ao IES de Melide, por "Chegado o momento...ti podes poñer en marcha ó equipo".
A Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, fixo entrega do premio ao director do IES de Melide, Jaime Couto, nun acto celebrado en Santiago o pasado día 5 de xuño.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/4482/conselleria-sanidade-conmemora-dia-nacional-doador-nun-acto-que-entregou-prem>