You are hereSecretaría / Taboleiro

Taboleiro


ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

No día de hoxe quedou constituída a xunta electoral que velará por que todo o procedemento de eleccións de representantes no Consello Escolar se desenvolva de acordo á procedemento regulado.

O calendario electoral aprobado na reunión da Xunta Electoral de hoxe é o seguinte:

CALENDARIO ELECTORAL:

  • 2 NOVEMBRO: publicación censos e inicio reclamación aos censos.
  • 4 NOVEMBRO: remata prazo reclamación censos. Inicio presentación de candidaturas.
  • 15 NOVEMBRO: publicación de candidaturas. Sorteo das mesas electorais. Presentación de supervisores á votación.
  • 16 NOVEMBRO: inicio prazo reclamación candidaturas. Inicio campaña electoral.
  • 22 NOVEMBRO: fin campaña electoral.
  • 23 NOVEMBRO: ELECCIÓNS co seguinte horario:
    • Alumnado de 8:40h a 13:00h
    • Familias de 16:00h a 20:00h
    • Persoal de A.S de 15:00h a 15:30h.
    • Profesorado ás 14:15h

 Nos seguintes documentos adxuntos poderán consultar información específica sobre as funcións do Consello Escolar e o procedemento de eleccións de cada un dos membros da comunidade educativa.

ENQUISA DE CONECTIVIDADE

En caso de confinamento ou en cuarentena do noso alumnado temos que garantir a continuidade do proceso de ensino-aprendizaxe, para isto é imprescindible coñecer as posibilidades de conexión que cada alumno/a ten na súa casa, polo que necesitamos que respondana seguinte enquisa.

En caso de non facelo telematicamente pasarase unha enquisa por escrito.

O prazo para cubrir a enquisa de forma telemática é dende o día 14 de outubro ata o 17 de outubro, ámbolos dous días incluídos.

Tedes a continuación a ligazón para a enquisa (tamén accesible dende a páxina web do centro). Unha vez rematada premer no botón "enviar"

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfZhKKiMVqRo8zqkVTn4_zKMkgg3OvN-fJRfBJuLB0U_CpSaw/viewform?usp=sf_link

Iniciamos programa ARCO

Incíase no centro o programa ARCO, encadrado dentro do plan Recupera, posto en marcha pola Consellería de Educación e cofinanciado co Fondo Social Europeo, que ten por obxecto reducir o impacto que a COVID-19 tivo no noso alumnado.

Ao longo destes días empezaranse a realizar aopios nas aulas de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO ata finalizar o primeiro trimeste do presente curso.

 

VALES MATERIAL ESCOLAR

A partir do xoves día 22 de xullo poderán pasar polo centro para recoller os vales de material escolar para o curso 2021-22. 

Horario de atención ao público de 9:00h a 14:00h.

LISTAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Publicadas as listas de admitidos e exculídos do fondo solidario de libros de texto no taboleiro do IES de Melide.

O prazo de reclamación remata o martes 13 de xullo.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Tedes no arquivo adxunto o listado dos libros de texto para o curso 2021/22

-LISTADO LIBROS DE TEXTO

ENTREGA NOTAS E DATAS MATRÍCULA

A entrega de notas da avaliación final ordinaria terá lugar o día 24 de xuño ás 11:00h. A entrada do alumando será pola mesma porta que leva utilizando ao longo do curso. A matrícula realizarase do 1 ao 9 de xullo nos días que se indican no documento adxunto.

MÁIS INFORMACIÓN 

PROBAS LIBRES FP

Aberto o prazo de inscrición nas probas libres de FP.

MAIS INFORMACIÓN

CAMPAÑA DETECCIÓN SARS-COV2 EN ASINTOMÁTICOS DE 12 A 17 ANOS

Acaban de comunicar ó centro o inicio dunha campaña para a detección de SARS-CoV2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos. 

Esta campaña iníciase o día 19 de abril coa colaboración das oficicas de farmacia da provincia de A Coruña.

As familias deberán achegarse á súa farmacia de referencia, onde se lles informará sobre o procedemento de recollida da mostra e se lles proporcionará o tubo de recollida.

TRÁTASE DUNHA CAMPAÑA DE DETECCIÓN DE ASINTOMÁTICOS, POLO QUE SE UNHA PERSOA TEN SÍNTOMAS COMPATIBLES DEBERÁ CONTACTAR CO CENTRO DE SAÚDE.

Grazas pola vosa colaboración.

ABERTO PRAZO ADMISIÓN CURSO 21/22

Aberto prazo de admisión para curso 2021/22 para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo así como para os de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, que desexen cambiar de centro escolar, sempre que existan prazas libres.

Os trámites poden realizarse vía telemática: 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou no centro, solicitando citra previa.

MAIS INFORMACIÓN     

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido