You are herecontent / CAMPAÑA DETECCIÓN SARS-COV2 EN ASINTOMÁTICOS DE 12 A 17 ANOS
CAMPAÑA DETECCIÓN SARS-COV2 EN ASINTOMÁTICOS DE 12 A 17 ANOS
Acaban de comunicar ó centro o inicio dunha campaña para a detección de SARS-CoV2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos. Esta campaña iníciase o día 19 de abril coa colaboración das oficicas de farmacia da provincia de A Coruña. As familias deberán achegarse á súa farmacia de referencia, onde se lles informará sobre o procedemento de recollida da mostra e se lles proporcionará o tubo de recollida. TRÁTASE DUNHA CAMPAÑA DE DETECCIÓN DE ASINTOMÁTICOS, POLO QUE SE UNHA PERSOA TEN SÍNTOMAS COMPATIBLES DEBERÁ CONTACTAR CO CENTRO DE SAÚDE. Grazas pola vosa colaboración. |