You are hereBlogues / blogue denormalizacion
blogue denormalizacion
O CICLO DE MADEIRA DO IES MELIDE CREA UN GLOSARIO VISUAL EN LINGUA DE SIGNOS SOBRE O MUNDO DA MADEIRA
O catálogo de 200 termos do mundo da carpintería en galego, castelán e na lingua de signos, vén de ser reseñado na prensa, poñendo de relevancia a importancia desta iniciativa pioneira no mundo educativo e profesional, de grande utilidade e proxección. Unha importante contribución do centro ao desenvolvemento dun ciclo profesional que cada vez ten máis demanda. Fan falta moitos carpinteiros... e carpinteiras.
24 DE FEBREIRO DE 2021. DÍA DE ROSALÍA
Máis vídeos sobre a celebración do Día de Rosalía, o 24 de febreiro. Nin as máscaras puideron impedir que lle rendésemos homenaxe, un ano máis, á Nai da nosa lingua.
Agasalla en galego con esta selección de propostas
Neste ano tan especial, que o Apalpador, a Apalpadora ou os Reis non deixen de vir vernos. Non fai falta que traian moitas cousas, só que o fagan con ilusión.
Podes atopar unha selección de agasallos en galego en agasallo.eu.
E tes infinitas posibilidades neste catálogo d'A Mesa pola Normalización Lingüística.
Que o novo ano sexa mellor ca este que nos deixa!
Felicidade para todos, para todas!
Diagnóstico da situación lingüística no IES Melide. Maio, 2019 (último estudo realizado ata o momento).
Cuestionario no que participou o alumnado de 1º ESO, 4º ESO, 2º BAC e 2º CM