ENTREGA DE NOTAS E DATAS MATRÍCULA CURSO 22/23

A entrega de notas da avaliación final da ESO e Ciclo Medio e as extraordinarias de 1º BAC será o día 27 de xuño ás 11:00h.

As datas para formalizar a matrícula do curso 22/23, son as seguintes:

  • 30 XUÑO: alumnado que se matricule en 2º BAC.
  • 1 XULLO: alumnado que se matricula en 1º ESO e 2º ESO.
  • 4 XULLO: alumnado que se matricula en 4º ESO
  • 5 XULLO: alumnado que se matricula en 1º BAC
  • 6 XULLO: alumnado que se matricula en 3º ESO

Aquelas familias que teñan que realizar a matrícula de 2 ou máis fillos poden formalizalas o mesmo día, pero agradeceríamos se presentasen o primeiro día que estén convocados.

En caso de non poder acudir a matricularse na data sinalada, agradecemos chamedes o centro para concertar un novo día.

CALENDARIO ADMISIÓN FP

O prazo de admisión para os Ciclos de FP estará aberto dende o día 23 de xuño ás 9:00 ata o 5 de xullo ás 14:00h. 

Máis información preme aquí 

CLUB DE CIENCIAS

Aqui podedes ver as actividades levados a cabo polo Club de Ciencias.

 

TEIROA TEATRO, a aula de teatro do IES de Melide, presenta "Historias para contar e soñar"

Historias para contar e soñar é unha adaptación para teatro de sombras de historias populares, que o alumnado de Artes Escénicas de 4º de ESO, realizou como proxecto ao longo de todo o curso. 

Levaron a cabo representacións para todo alumnado do IES, dos centros de educación primaria adscritos e tamén para os veciños e veciñas da contorna! 

O resultado é espectacular e o traballo de todo o equipo impecable! Parabéns!

         

1º de ESO visita o Museo de Melide e a exposición "A prehistoria na terra de Melide".

Os grupos de 1º de ESO visitaron o Museo de Melide para coñecer a exposición A prehistoria na terra de Melide. 

A actividade foi levada a cabo por Cristina, arqueóloga do museo. Con ela visitaron as diferentes áreas e exposicións e realizaron actividades para profundizar máis na historia de Melide.  

ACTO DE ENTREGA DE DÚAS MESAS DE I+D+I FEITAS NO IES DE MELIDE PARA ALUMNADO CON MOVILIDADE REDUCIDA

 

 O IES de Melide fixo a doazón de dous pupitres que incorporan última tecnoloxía e deseño para persoas con movilidade reducida, e que foron creados e elaborados no taller do Ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide, cun proxecto gañador do primeiro Premio de Innovación que convoca a Xunta de Galicia.

 Representantes do IES acudiron ao CEE Santa María de Lugo, xunto co CIFP Politécnico de Lugo, e representantes da Consellería de Eduación, para facer entrega de estas dúas mesas eléctricas que permiten axustar as medidas e posibilidades ao usuario; permite incorporar unha pantalla táctil, ordenador ou outros dispositivos electrónicos para que o alumnado deste centro teña acceso e autonomía na súa formación. Este modelo, poder servir de prototipo xa que non existe nada semellante no mercado.

 O proxecto inicial xurdiu hai tempo, debido a necesidades do propio IES de Melide, pero agora vese realizado e mellorado, convertindo unha necesidade nunha solución, aprendizaxe-servizo que favorece a inclusión e o acceso a unha educación integradora.

 

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO NEAE para o curso 2022-2023

O prazo para solicitar as BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO NEAE para o curso 2022-2023 estará aberto ata o 30 de setembro. A solicitude realízase a través da sede electrónica do ministerio de educación. 

Podes consultar a convocatoria e acceder ao trámite aquí. 

 

Publicadas as cualificacións provisionais das PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO

Para consultar as notas provisionais das probas de acceso a ciclo medio celebradas o 25 de maio, pódese consultar o seguinte documento

Poderase presentar reclamación contra a cualificación provisional desde o día 7 ao 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición. 

 

PARABÉNS AO ALUMNADO DO IES PREMIADO NO CERTAME AVELINO DÍAZ

 Hoxe felicitamos o alumnado do IES de Melide participante no V Certame de Debuxo e Poesía "Avelino Díaz", convocado polos Concellos de Riotorto e Meira e que resultou premiado na categoría C de poesía (de 13 a 17 anos) nesta edición.

 O 1º premio foi para a obra Ti de Pablo González Varela (2º Bacharelato)

 O 2º premio levouno Candela Miguélez Buján, por Destino ou casualidade? (2º Bacharelato)

 O 3º premio correspondeulle a Raquel Miguélez González con Memoria inútil (2º Bacharelato)

  A estes galardóns hai que engadirlle o accesit acadado por Martín Barreiro Varela con Liberdade (2º ESO)

 Parabéns por este grande éxito!

 

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Publicada a orde pola que se convocan as axudas para o fondo solidario de libros de texto para o curso 2022/23.

PRAZO DAS SOLICITUDES: dende o 19 maio ata o 22 de xuño incluído.

-Acceso á aplicación para a solicitude telemática.

-ANEXO I e II, para a presentación presencial na secretaría do centro

Máis información 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido