You are herecontent / OUTONO XOVE: actividades de fin de semana en albergues xuvenís, para a mocidade de 14 a 17 anos.
OUTONO XOVE: actividades de fin de semana en albergues xuvenís, para a mocidade de 14 a 17 anos.
OUTONO XOVE é un programa que busca ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega de entre 14 a 17 anos, durante as fins de semana nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.
As actividades son variadas, dependendo do programa: manexo de dron, bicicleta de montaña, arte urbana, impresión 3D, orientación, xogos de escape, realidade virtual, xeolocalización, etc.
O prezo é de 25 euros (desconto por ser familia numerosa) que inclúe a manutención de venres a domingo e o aloxamento.
O prazo de inscrición está aberto. Non perdas a oportunidade!!
Para máis información preme aquí.