RECITAL POÉTICO DO CLUB DE POETAS DO IES DE MELIDE

   O Club de Poetas do IES de Melide, encabezado polo alumnado de 4º de ESO, realizou este xoves un recital poético na biblioteca do instituto. Os alumnos e alumnas do Club de Poetas, ataviados con camisas brancas e panos  de cores ao pescozo, ao máis puro estilo bohemio, recitaron e fixeron declamacións dos máis fermosos poemas de amor da literatura, celebrando a Candeloria, que abre o mes do amor e da amizade no IES. Parabéns pola participación e polo bo gusto estético que demostrou o noso alumnado agasallándonos con tantas verbas fermosas.

SIMULACRO EXTINCIÓN INCENDIOS NO TALLER DO CICLO DE CARPINTERÍA

 Hoxe no taller do Ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide levouse a cabo un simulacro de incendios con diferentes materiais inflamables, con todo o realismo, contando coa colaboración do Consorcio de bombeiros da Coruña, e participando nesta formación os bombeiros de Arzúa, aos que agradecemos que explicaran aos nosos alumnos o uso de extintores e todo o relativo á seguridade no taller.

IES DE MELIDE NO CONCURSO ODISEA

 O alumnado de Cultura Clásica de 3º da ESO do IES de Melide, conseguiu colocarse no 5º posto de clasificación do Concurso en liña "Odisea", competindo con alumnado de toda Galicia.

 Parabéns ao grupo "As Calistas" de 3º de ESO por este éxito!

Visita á Universidade de Santiago de Compostela (USC)

O alumnado de 2º de Bach visitou esta semana a USC, dentro do programa A PONTE. Nesta viaxe a Santiago, coñeceron diferentes facultades segundo os seus intereses, podendo elexir entre 17 percorridos diferentes. 

 

                 

NOVO PRAZO VALIDACIÓNS MATERIAS PARA 1º BAC

Acábase de publicar o Real decreto 14/2023 polo que se modifica o decreto que establecía as convalidacións entre as ensinanzas profesionais de música e danta e a educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Conforme ao establecido nas instrucións publicadas pola Consellería de Educación, ábrese un novo prazo ata o 7 de febreiro para solicitar validacións para o alumnado de 1º BAC que cumpra os requisitos recollidos nestas instrucións.

LIGAZÓN ÁS INSTRUCIÓNS VALIDACIÓNS 1º BAC

 

CONCERTO PRESUME DO GALEGO

  Aquí deixamos algo sobre o noso concerto "Eu presumo de galego", un concerto que naceu alá polo ano 2014, que foi medrando ata converterse nun proxecto ilusionante do ENLG do IES de Melide e que foi premiado na 1ª edición dos "Mil primaveras Máis".

 Tivemos a #Pauliña soando nos corredores no recreo; vendimos camisetas, chapas (con un deseño fantástico de Manuel V. I.) agasallamos entradas para o noso concerto; así  a recibimos a ela e a súa banda, para participar un faladoiro co alumnado. Antes a asaltamos dende a emisora FalaMelide para facerlle unhas preguntiñas. Despois de tanto falar, tocou xantar de confraternidade con artistas, compañeiros e compañeiras, alumnado de Melide e Arzúa!!!!! a fraternidade e a música da Terra seguiu soando toda a tarde do venres, con Herba Grileira (grazas mil por estar, coma sempre), Kasete e Pauliña... Mil primaveras máis para o Eu presumo do Galego!

 

NOITE DE ESTRELAS HOXE LUNS 30

   Hoxe ás 19:00 horas no IES de Melide terá lugar a xornada sobre astronomía "Noite de estrelas".

 Comezará ás 19:00 horas con unha pequena charla na biblioteca do IES, e a continuación levarase a cabo a observación astronómica dende o patio do institututo coa tecnoloxía aportada polo Observatorio Ramón Mª Aller da Universidade de Santiago.

AVISO URXENTE NOITE DE ESTRELAS ADIADA A LUNS

   AVISO: Comunican do observatorio Ramón Mª Aller, que debido á previsión meteorolóxica para mañá, non será posible realizar mañá a actividade de "Noite de estrelas", quedando en principio para o luns en caso de que sexa posible. Continuaremos informando. 

PROBAS DE ACCESO para o Grao en Ciencias da Actividade e do Deporte da Universidade da Coruña.

Aberto o prazo de inscrición para a realización das probas de acceso ao Grao de Ciencias da Actividade Física e de Deporte da UDC. 

As probas terán lugar o día 22 de abril e o 20 de xuño e consistirán na superación de tres bloques:

 Bloque 1. Proba 1. Adaptación ao medio acuático.

 Bloque 2. (Ellexir unha) Proba 2. Proba de axilidade no chan. 

                                     Proba 3. Carreira con obstáculos.

                                     Proba 4. Proba de habilidade co balón.  

Bloque 3. Proba 5. Proba de resistencia cíclica.

 Para consultar os baremos das diferentes probas e máis información sobre o proceso, consultar este documento. 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido