Aprendendo no Canadá.
Durante o pasado mes de novembro e parte de decembro, o profesor do departamento de música David Canoura, tivo a oportunidade de seguir un programa de formación do profesorado PIALE no Canadá xunto con outros profesores e mestres da xeografía galega. O programa deulle a oportunidade de traballar durante un mes nun centro da capital do país, o Canterbury High School de Ottawa, e convivir cunha familia local durante ese tempo.
A parte da inmersión na cultura e tradicións do país e da aprendizaxe da língua, o programa permitiu ao profesorado participante aprender do funcionamente do sistema educativo canadense e da didáctica específica da súa materia.
Para contarnos a súa experienca, teremos unha serie de conferencias nos próximos días no na Biblioteca do IES de Melide. O martes 17 e xoves 19 para profesorado e alumnado no recreo das 11:10 e o mércores 25 ás 18h para público xeral e veciñanza da comarca.
Visita do Club de Lectura aos nosos maiores da Residencia da Terceira Idade de Melide
O alumnado do Club de Lectura Papalibros do IES de Melide, achegouse ao centro da Terceira Idade de Melide para visitar e saudar aos nosos maiores antes das festas, coñecendo de perto como é o día a día na residencia, e aproveitando para achegarse á realidade coa que tomaran contacto a través das lecturas propostas no club.
Charla do xeógrafo Rubén Lois no IES
O profesor da USC Rubén Lois, xeógrafo e urbanista, achegouse ao IES de Melide para presentar unha charla sobre análise territorial e cuestións xeográficas ao noso alumnado, e compartiu co noso club de prensa uns intres nos que aproveitamos para preguntarlle por diversas cuestións relacionadas coa súa traxectoria.
Charla de prevención do consumo de drogas e adicións sen sustancias
O alumnado de 3º de ESO participou nunha charla sobre o consumo e adicións dentro do Plan Proxecta QUÉROTE + no que participa o centro.
COMEZA MAÑÁ NO IES DE MELIDE A CAMPAÑA SOLIDARIA "OPERACIÓN KILO"
Esta semana e ata o día 20 de decembro no IES de Melide comezamos a 'Operación KILO', que se trata da recollida solidaria de alimentos non perecedeiros para axudar a persoas desfavorecidas, en colaboración con Cáritas. Podedes traer arroz, pasta, conservas, legumes en conserva, etc. Grazas a todas e a todos por colaborar con esta iniciativa.
EXCURSIÓN AO MUSEO MASSÓ EN BUEU
O alumnado de 3º de ESO realizou unha saída a Bueu para coñecer mellor a xeografía costeiro-marítima galega e visitar o Museo Massó, onde o noso alumnado recibiu unhas charlas para ilustrar a historia da industria conserveira nas proximidades do porto de Bueu, revisando as testemuñas da industria baleeira e da conserva no panorama galego.
Celebrando o 500 aniversario da 1ª volta ao mundo no IES
Este ano celébrase o 500 aniversario da primeira volta ao mundo de Juan Sebastián Elcano e o alumnado de Xeografía e Historia de 3º de ESO recreou este momento histórico con unha exposición e un acto conmemorativo. O alumnado do ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide elaborou unha reproducción da nao Victoria e colaborou activamente na montaxe da exposición, que está situada na entrada do IES, con obxectos representativos da época.
EXCURSIÓN AO PORTO
O alumnado de 2º de Bacharelato de Lingua portuguesa viaxou durante esta ponte á cidade do Porto, visitando os enclaves máis representativos do lugar, como Gaia, Boavista, Bom Sucesso, Santa Catarina, e ata aproveitaron para ver a zona comercial e desfrutar do ambiente de Nadal.
XORNADAS DE MELICIENCIA SOBRE ECONOMÍA CIRCULAR NO IES
O Club de Ciencia do IES de Melide inaugurou Meliciencia, coas charlas de divulgación ciencitífica centradas na economía circular e na ecoloxía, contando coa presenza do biólogo Antonio Castro, especialista en ecoloxía e fauna salvaxe, pertencente á asociación Chelonia, que realiza estudos científicos e centra a súa actividade na conservación de especies e ecosistemas ameazados, así como a execución de proxectos de cooperación internacional, á preservación da biodiversidade e á desaceleración do cambio climático e a economía circular. Foi entrevistado polo noso equipo de prensa do IES de Melide, formado por alumnado de 4º de ESO. As charlas estiveron dirixidas a alumnado de 3º de ESO e de 1º de Bacharelato.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »