Listaxe provisional de alumnado seleccionado para as actividades de formación en linguas estranxeiras (AXUDASLE)

Para consultar máis información sobre estas axudas, así como o alumnado seleccionado e as persoas suplentes das actividades formativas,  podes consultar a seguinte dirección 

Información sobre a ABAU para alumnado de 2º de bacharelato.

As probas ABAU terán lugar o Martes 7, o Mércores 8 e o Xoves 9 de Xuño. O alumnado deberá:

1. Solicitar o título de bacharelato e pagar as taxas correspondentes.

2. Pagar as taxas de matrícula da ABAU.

3. Matricularse nas probas ABAU. 

Os alumnos e alumnas recibirán os documentos necesarios para facer estes trámites nunha charla explicativa de todo este proceso, así como da admisión nos graos e ciclos formativos. 

Para máis información sobre o proceso de matrícula da ABAU pódese consultar este documento ou preguntar no departamento de orientaciión do IES. 

Para a xestión do bus para as probas ABAU, cubrir o seguinte documento e entregar en secretaria antes do venres 20 de maio.

-SOLICITUDE AUTOBÚS 

 

ABERTA PRE-MATRÍCULA CUALE

Está aberto o prazo para a pre-matrícula en CUALE `para o curso 2022/23. As solicitudes entregaranse na secretaría do centro do 18 ao 20 de maio.

ANOTÁDEVOS 

Máis información

O club de ciencias traballa no invernadoiro do centro

O Club de ciencias do IES de Melide traballa no acondicionamento e utilización do invernadoiro que temos no instituto. O alumnado aprende á vez que colabora nas tarefas de limpeza, coidado e evolución das sementes plantadas.

 

PRESENTACIÓN DO PREMIADO GLOSARIO DE SIGNOS DO CICLO DE CARPINTERÍA E MOBLE NAS XORNADAS DE INCLUSIÓN

 O IES de Melide participou o pasado fin de semana nas Xornadas de inclusión educativa para presentar o seu proxecto 'Glosario en lingua de signos de termos do Ciclo de Carpintería e Moble'. Dito proxecto acadou o 1º premio de Boas prácticas inclusivas da Xunta de Galicia, e cumple co obxectivo de dar visibilidade a prácticas educativas que fomenten a inclusión do alumnado co fin de minimizar as barreiras da aprendizaxe. Lola Corzo, intérprete de signos do IES de Melide e o profesor Fernando López foron os encargados de expor os pormenores deste proxecto nas Xornadas de inclusión organizadas polo Centro de formación e innovación na EGAP en Santiago de Compostela.


O ALUMNADO DO CICLO DE CARPINTERÍA DO IES ELABORA MOBILIARIO INNOVADOR PARA A BIBLIOTECA

  Alumnado e profesorado do Ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide, fixo entrega hoxe do novo mobiliario deseñado e creado no propio centro educativo e que incorpora materiais de última xeración. As estanterías son multifuncionais, con espazo de almacenaxe e con mesado para lectura. A súa movilidade fai que o seu uso e o seu desprazamento sexa máis sinxelo. Parabéns ao Ciclo de formación profesional do IES pola súa aportación e contribución á mellora da nosa biblioteca.

O ALUMNADO DO IES PARTICIPA NAS XORNADAS DAS PROFESIÓNS

  Durante esta semana, o alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato do IES de Melide, participou nas Xornadas de orientación profesional, asistindo ás distintas charlas que se propuxeron segundo o interese mostrado previamente polo alumnado. Os 14 relatores convidados tiveron ocasión de explicar a súa formación, o proceso de acceso e os pormenores do día a día das súas ocupacións profesionais, respondendo ás dúbidas que o alumnado lles plantexou e animando aos participantes. Agradecemos a colaboración aos profesionais que participaron desinteresadamente nestas Xornadas.

ESCOLAS SEN VIOLENCIA

ESCOLAS SEN VIOLENCIA é un proxecto que nace da Fundación Educativa e Social Dignidade. Busca erradicar as condutas violentas no ámbito educativo e promocionar o bo trato nas aulas e fóra delas.

Nesta ocasión, visitaron o Ies de Melide para traballar co alumnado de 1º de ESO temas como a xestión emocional, empatía, a non violencia e a resolución de conflitos.  

 

 

PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO

Aberto o prazo para presentarse aos premios extraordinarios de bacharelato. Dirixido a todo o alumnado que rematara os seus estudos o curso 2021/22. O prazo para solicitar a participación vai dende o 26 de abril ata o 25 de maio de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN    

O alumnado de Lingua portuguesa celebrando o 25 de abril

 Hoxe 25 de abril, o alumnado de Lingua portuguesa xuntouse para cantar "Grândola Vila Morena" de José Afonso, co gallo da conmemoración do 25 de abril, Día de Portugal, convidando a toda a comunidade educativa a entonar esta canción símbolo da liberdade, fraternidade e solidariedade dos pobos.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido