You are herecontent / PRESENTACIÓN DO PREMIADO GLOSARIO DE SIGNOS DO CICLO DE CARPINTERÍA E MOBLE NAS XORNADAS DE INCLUSIÓN

PRESENTACIÓN DO PREMIADO GLOSARIO DE SIGNOS DO CICLO DE CARPINTERÍA E MOBLE NAS XORNADAS DE INCLUSIÓN


 O IES de Melide participou o pasado fin de semana nas Xornadas de inclusión educativa para presentar o seu proxecto 'Glosario en lingua de signos de termos do Ciclo de Carpintería e Moble'. Dito proxecto acadou o 1º premio de Boas prácticas inclusivas da Xunta de Galicia, e cumple co obxectivo de dar visibilidade a prácticas educativas que fomenten a inclusión do alumnado co fin de minimizar as barreiras da aprendizaxe. Lola Corzo, intérprete de signos do IES de Melide e o profesor Fernando López foron os encargados de expor os pormenores deste proxecto nas Xornadas de inclusión organizadas polo Centro de formación e innovación na EGAP en Santiago de Compostela.


Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido