PARTICIPACIÓN DO IES DE MELIDE NO PROGRAMA 21 DÍAS EN GALEGO E +
Durante o mes de febreiro, o IES de Melide participou no programa 21 Días en Galego e +, que organiza a Consellería de Política Lingüistica e na que participaron centros de toda Galicia, sendo un éxito de participación no noso IES, pois durante máis de tres semanas o alumnado implicouse a fondo nas variadas actividades propostas dende os diferentes departamentos didácticos do instituto. Dende grabacións de podcast, vídeos, obras teatrais, recreación de cadros de Castelao, música, rock en galego, karaoke en galego, actividades escritas e dende logo, moita oralidade, na que o noso alumnado destaca con moita diferenza. Foi unha experiencia intensa que rematou con un gran concerto ofrecido por Herba Grileira, a quen agradecemos dende o noso instituto a súa colaboración para que o noso programa tivera un remate de luxo. Finalmente, o alumnado acompañado da profesora Marga Quintela e Miguel Docasar, acudiron ao peche do 21 Días en Galego que tivo lugar na Cidade da Cultura, e onde destacaron pola súa interpretación dunha breve teatralización diante toda a asistencia. Todo un éxito e dende aquí damos os parabéns a toda a comunidade educativa do IES, especialmente ao noso alumnado tan xeitoso e participativo e ao profesorado tan activo e comprometido coa nosa lingua.
Charla sobre bosques naturais no IES de Melide
O alumnado de Carpintería e Moble do IES de Melide xunto con FP Básica e o alumnos e alumnas da materia de Flora e Fauna, participou nunha charla sobre bosques naturais co profesor Ignacio Díaz-Maroto da universidade de Santiago, da facultade de Enxeñería agro-forestal.
PROXECTO DE FP BÁSICA "A OCA REVOLUCIONARIA"
O alumnado de 2º de FP Básica de Carpintería e Moble do IES de Melide realizou na materia de Comunicación e Sociedade, un proxecto innovador coa elaboración duns taboleiros do xogo da oca especiais de temática histórica, baseados na Revolución Francesa, e repletos de persoeiros, momentos clave, símbolos, e datas históricas do proceso revolucionario francés. A novidade radica na utilización de códigos QR para afondar no xogo e no significado de cada casilla, ademáis da aprendizaxe que supón tanto o xogo como o deseño.
Agradecemos a doazón dos dous taboleiros coas súas correspondentes fichas todo realizado por eles, dende os debuxos ate a cor e o barniz, dando mostra das súas habilidades. Explicáronnos o xogo a distintos grupos da ESO e tamén o presentaron na biblioteca do IES, onde os deixaron para que todos poidamos disfrutar deste xogo tradicional revisado. Parabéns ao grupo pola súa disposición e destreza.
Sensibilización sobre os problemas de ADICIÓNS SEN SUSTANCIAS
A asociación AGALURE visitou o IES de Melide para sensibilizar ao alumnado de 4º de ESO e FP básica sobre os perigos das adicións sen sustancias. Falamos do uso, abuso e adición aos videoxogos ou ás apostas e sobre as alteracións comportamentais que implican.
Visita á Escola de Enxeñeiría forestal e do Medio Natural de Lugo
O alumnado do Ciclo Medio de Carpintería e o de Bioloxía de 1º de Bacharelato, visitou o Grado de Enxeñeiría forestal e do Medio natural do Campus de Lugo, que pertence á Universidade de Santiago. Alí foron recibidos polo profesorado e outros representantes da institución, que lles mostraron as instalacións e distintos departamentos do centro.
Alumnado do IES no Festival de Teatro Clásico
O alumnado de Cultura Clásica, Grego e Latín do IES de Melide acudiu esta semana ao Festival de Teatro Clásico que se celebrou na Coruña, no Teatro Colón. Aproveitaron a visita para coñecer o Museo arqueolóxico sito no Castelo de San Antón e tamén se achegaron á exposición de fotografía de Meisel. Puideron disfrutar da clásica traxedia Medea, e pola tarde, da comedia Miles gloriosus de Plauto.
ENTROIDO 2023 NO IES DE MELIDE
Este ano voltamos a celebrar en vivo e en directo no pavillón do IES o festival do Entroido.
Aquí vai unha pequena mostra do espectáculo, que foi impresionante e coa plena participación de todos os grupos do instituto; un festival no que disfrutamos durante case tres horas coas magníficas actuacións do noso alumnado e tamén do profesorado do centro.
Campionato de xadrez no IES de Melide.
Xa comezou o campionato de xadrez do IES!
Dentro das actividades dos RECREOS INCLUSIVOS, intentamos ofrecer actividades adaptadas a todo tipo de intereses, para que todo o alumnado se sinta partícipe do centro. Con estas iniciativas buscamos a mellora da conviencia e a inclusión de todos e todas nos tempos de lecer.
"APRENDE A SENTIRTE BEN, BASE DO BENESTAR EMOCIONAL"
2º de Bacharelato é un curso complicado, con moita presión e tensión que repercute no estado emocional do alumnado. Por iso, no Ies de Melide contamos cun apoio externo que nos está axudando a xestionar o noso estado físico e mental.
Os alumnos e as alumnas de 2º de Bacharelato, tiveron a primeira sesión do programa Wellness Experiencia, a través do cal aprenderon a tomar conciencia do seu corpo e das súas sensacións, practicando tamén técnicas e estratexias de relaxación.
AXUDAS PARA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE LINGUAS ESTRANXEIRAS
A Consellería de Educación ten publicada na súa páxina web a convocatoria para axudas á realización de actividades de formación en linguas estranxeiras (inglés en Canadá, inglés no Reino Unido, francés en Francia, portugués en Portugal)
- Dirixidas a alumnado matriculado matriculado alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23 en 1º ou 2º de bacharelato.
- Prazo: un mesde a publicación en DOG da Orde do 18 de xaneiro pola que se convocan estas axudas (publicado en DOG o 13/02/2023).
Máis información nesta ligazón.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »