INICIO DE CURSO
Poderán consultarse as listas de grupo e a localización das aulas nos taboleiros do interior do edificio desde o xoves 7 de setembro
Ás 14:15 haberá transporte para o regreso a casa do alumnado que o teña solicitado e concedido.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
Publicada lista provisional de admitidos e excluídos no Fondo solidario de libros de texto de ESO para o curso 2023-24.
Poden consultarse as litas no taboleiro da secretaria do centro ou acceder en liña desde o seguinte enlace, fondolibros, identificándose con Chave365 ou Certificado dixital.
Ábrese un prazo para subsanar erros nas solicitudes excluídas ata o 31 de xullo e publicarase, nos mesmos lugares, a listaxe definitiva de admitidos e excluídos a partir do 1 de Agosto. Na listaxe definitiva comunicaranse os libros asignados.
Aqueles solicitantes beneficiarios do Vale para Adquisición de material escolar, poderedes pasar a recollelo na Secretaría do centro a partir do 4 de setembro. Deberá recollelo a persoa beneficiaria que fixo a solicitude. En todo caso o vale deberá estar asinado pola persoa beneficiaira, solo poderá empregarse nun establecemento e deberá usarse o antes posible.
Os libros de aquelas persoas con dereito ao fondo solidario, serán entregados ao alumnado a partir do comezo das clases.
OFERTA FORMATIVA FP
A continuación podedes consultar a oferta formativa de ciclos existente no IES de Melide.
CICLO BÁSICO E MEDIOCARPINTERÍA E MOBLE |
|
CICLO SUPERIOR (DUAL)GANDARÍA E ASISTENCIA EN SANIDADE ANIMAL |
Calendario de admisión FP:
Máis información na páxina web da consellería: PREME NESTA LIGAZÓN
ENTREGA DE NOTAS E DATAS MATRÍCULA
A entrega de notas da avaliación final da ESO e as extraordinarias de 1º e 2º BAC será o día 23 de xuño ás 11:00h, na súa aula de referencia.
A entrega de notas para o alumnado de FP-básica e Ciclo Medio de madeira será o día 23 de xuño ás 13:00h.
O alumnado levará, xunto coas notas, o sobre de matrícula do curso que lle corresponda.
As datas para formalizar a matrícula do curso 23/24 en ESO e BAC, son as seguintes:
- 26 XUÑO: alumnado que se matricule en 1º ESO e 2º ESO.
- 27 XUÑO: alumnado que se matricula en 3º ESO.
- 28 XUÑO: alumnado que se matricula en 4º ESO
- 30 XUÑO: alumnado que se matricula en 1º e 2º BAC
As datas para realizar a solicitude en FP é do 23 de xuño ao 5 de xullo.
Aquelas familias que teñan que realizar a matrícula de 2 ou máis fillos poden formalizalas o mesmo día, pero agradeceríamos se presentasen o primeiro día que estén convocados.
En caso de non poder acudir a matricularse na data sinalada, poderán realizar a matrícula do 3 ao 5 de xullo.
ABERTO PRAZO SOLICITUDE FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO
Está aberto o prazo para a solicitude do fondo solidario de libros de texto para o curso 2023-24 e axudas para adquirir material escolar.
O prazo para realizar as solicitudes remata o 21 de xuño.
As solicitudes poden presentarse de forma telematica a través da aplicación FONDOLIBROS ou presencialmente no centro presentando ANEXO I e ANEXO II.
Máis información NESTA LIGAZÓN.
CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS 2⁰ FP BÁSICA CARPINTERÍA E MOBLE (MODIFICADO)
Probas recuperación módulos pendentes 2º FP básica Carpintería e moble.
Xuño 2023.
Por motivos de organización, modifícase o horario da proba do módulo Acabamentos básicos da madeira, quedando do seguinte xeito:
- Acabamentos básicos da madeira:
- Proba escrita: mércores 21 de xuño, 11:45 a 12:35 (1 sesión)
- Proba práctica: mércores 21 de xuño, 12:35 a 14:15 (2 sesións)
- Atención á clientela:
- Proba escrita: mércores 21 de xuño, 11:45 a 12:35 (1 sesión)
- Ciencias Aplicadas II:
- Proba escrita: martes 20 de xuño, 9:30 a 11:10 (2 sesións)
- Tapizado de mobles:
- Proba escrita: luns 19 de xuño, 11:45 a 12:35 (1 sesión)
- Proba práctica: luns 19 de xuño, 12:35 a 14:15 (2 sesións)
ITINERARIOS BACHARELATO E PONDERACIÓNS ABAU
Como axuda para cubrir as matrículas para o vindeiro curso, para alumnado de 4º ESO e o que se matricule en bacharelato tedes a continuación os itinerarios de bacharelato e as ponderacións das ABAU.
ADMISIÓN EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O CURSO 23-24
Publicado o calendario e inscrición nos ciclos de formación profesional (ciclos de grado medio, grado superior e para a fp dual). O prazo de presentación das solicitudes comprende dende o 23 de xuño ás 9:00 ata o 5 de xullo á 13:00.
Para máis información consultar nesta ligazón.
Dende o Departamento de Orientación facilitamos o proceso, realizando a matrícula con vós para solucionar posibles incidencias.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »