STOP ACCIDENTES no IES de MELIDE

No IES de Melide buscamos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da condución segura e sostible, libre de sustancias e de riscos innecesarios. Para iso, contamos unha vez máis, coa colaboración de STOP ACCIDENTES.

Nesta ocasión, o alumnado de 4º de ESO tivo unha charla de sensibilización sobre as condutas de risco ao volante, e o alumnado de 1º e 3º de ESO, sobre o uso seguro da bicicleta na vía urbana e semiurbana. 

STOP ACCIDENTES | Asociación de Ayuda y Orientación a los Afectados por  Accidentes de Tráfico

 

MEMORIAS DUN EX NAZI

A semana pasada o Ies recibiu a David Saavedra, autor do libro "Memorias de un ex nazi", para falarnos da súa experiencia e para sensibilizar ao alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e FP, sobre os perigos da radicalización do pensamento. 

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NO IES: UN PROXECTO DE LINGUA PORTUGUESA

 O alumnado de Lingua portuguesa do IES de Melide, elaborou unha serie de fotografías artísticas con pé de foto en portugués que está exposta no corredor da planta baixa do instituto. A exposición, que leva por nome "Rua das palavras perfeitas", serve para implementar o labor pedagóxico da lingua co alumnado de distintos cursos. 

 

 

PRÓXIMA XUNTANZA DA ESCOLA DE NAIS E PAIS LUNS 17 DE ABRIL

  O próximo luns 17 de abril ás 18:20 horas terá lugar a nova edición das xornadas da Escola de Nais e Pais no IES de Melide (ENAPAS). Contamos coa presenza da psicóloga Virginia Castro Crespo para resolver as dúbidas que poidan ter sobre a temática tratada nesta ocasión. Para anotarse, deben cumplimentar os trípticos enviados ás familias a través do alumnado, ou chamando antes do venres 14 de abril ao teléfono do IES (881866109) e deixando os datos requeridos para asistir.

CAMPAÑA DE VERÁN da Xunta de Galicia.

A xunta de Galicia publicou o programa de CAMPAMENTOS DE VERÁN para este ano 2023. Hai moitas e variadas opcións para desfrutar do tempo de lecer dunha forma saudable e no medio natural, facendo actividades como kaiak, windsurf, escalada, sendeirismo, tiro con arco, etc.

Para máis información pincha aquí ou aquí.

    Entrimo 3          Entrimo 2

                            BANNERWEB   

 

Bolsas EUROLINGUA venairlanda. Cursos de inglés en Irlanda.

Publicada a convocatoria para as bolsas para estudar inglés en Irlanda este verán 2023. 

As persoas interesadas teñen que ter nacido antes do 31 de decembro do 2008 e solicitalas antes do 19 de abril. 

Para conseguila, terase en conta a media do expediente académico (mínimo de 6) que valerá o 71% e os méritos, que son o 29%. Estes méritos consisten en:

- Proxecto, en inglés ou español coa temática " A importancia do inglés para viaxar"

- Test de motivación.

- Interese polo idioma, acreditado a través dunha carta de recomendación do profesorado de inglés. 

Para obter máis información, pincha aquí. 

DEIXA A TÚA PEGADA POLAS MULLERES DA TÚA VIDA

O alumnado do Ies de Melide conmemorou o 8 M a través de diferentes actividades ao longo do día. Aquí deixamos as creacións da materia de Plástica e o cartaz que fomos construíndo pouco a pouco entre todas: DEIXA A TÚA PEGADA POLAS MULLERES DA TÚA VIDA.

 

 

CURSO DE ACABADOS DECORATIVOS CO MUNDO DO PINTOR

 

  O alumnado de Carpintería e Moble do IES de Melide, tivo unha xornada de formación sobre acabados decorativos, con unha demostración de materiais para traballar, pintar e barnizar con distintos efectos, como craquelados ou efecto mármore, entre outras variedades de decoración en mobles e carpintería. Queremos agradecer a colaboración da empresa melidense Mundo do Pintor, que nos mostrou as últimas novidades en materiais e técnicas.

OBRADOIRO COA ARTISTA LAURA ROMERO

  Este 8 de marzo contamos coa presenza da artista galega Laura Romero para impartir un obradoiro de artes plásticas dirixida ao noso alumnado de 4º de ESO. Laura Romero é a creadora do novo mural que está no exterior do noso centro, a carón da biblioteca e que inauguramos  para celebrar o Día da Muller. Ten como protagonistas a mulleres da nosa contorna que destacaron no eido da Música.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido