You are herecontent / NOVA EDICION DA ESCOLA DE NAIS E PAIS NO IES DE MELIDE ENAPAS 22-23
NOVA EDICION DA ESCOLA DE NAIS E PAIS NO IES DE MELIDE ENAPAS 22-23
Onte deu comezo a nova edición da Escola de Nais e Pais do IES de Melide, con unha sesión adicada á motivación e ás dificultades de aprendizaxe, como guiar no estudo sen sobreprotexer. Nesta charla-obradoiro organizada polo IES, contamos coa presenza de Virginia Castro Crespo e Sara Lagunas, de Aloumiño Coaching familiar que realizaron distintas dinámicas coas nais e pais presentes para tratar de responder a estas cuestións que preocupan ás familias, e que a escola debe ter en conta para favorecer a aprendizaxe do nosos alumnos e alumnas.