Volta ao centro en setembro

A partir de mañá, 1 de setembro, volve a actividade ao noso centro. Á espera das indicacións da consellería para o inicio das clases o 16 de setembro, lembrade:

1. Se tes síntomas compatibles coa COVID 19, non acudas ao centro e busca asistencia sanitaria.

2. Catro indicacións básicas para os primeiros días de exames e notas:

  • O uso de mascarilla é obrigatorio en todo momento.
  • Mantén a distancia de seguridade e non compartas material.
  • Hixieniza as mans ao entrar e ao saír.
  • Segue en todo momento as indicacións do profesorado.

Atención ao público entre o 3 e o 28 de agosto

Horario, de luns a venres, entre 10 e 12 horas, no 986 590104.

Éxito de Abel Carbajal en Hollywood

"El gran Corelli", de Abel Carbajal, ex-alumno do centro, clasificado para a semifinal dos 47th annual Student Academy Awards da Academia de Cine de Hollywood na categoría de animación.

Máis información da nova nesta ligazón.

A nosa noraboa para Abel.

Calendario de setembro

No calendario adxunto podedes consultar as datas dos exames de setembro, e todo o relativo a recollida de notas, revisións e reclamacións.

Calendario.

Despedida do alumnado de 2º de Bacharelato - Curso 2019-2020

O venres 10 de xuño tivo lugar, no patio do centro, a despedida ao alumnado de 2º de Bacharelato.

Na seguinte ligazón podedes acceder á galería de imaxes:

Despedida 2º Bac

Vídeo do alumnando, traballo coordinado polo profesor Xoán Xosé Pérez:

Parabéns a todas e todos!

Monstros a nós

Vídeo realizado pola profesora Marisa Otero sobre o breve que foi o curso e da resolución do confinamento.

Matricula Extraordinaria de setembro para o curso 2020-2021

A matricula extraordinaria  para o curso 2020-2021 realizárase o venres día 4 de setembro segundo o seguinte calendario:

Curso  hora de matricula Impreso de matricula
2º Bacharelato de 9 a 10 h.

Impreso 2º Bac-Artes / Impreso 2º Bac-Ciencias ou Humanidades

1º Bacharelato de 10 a 11h.

Impreso 1º Bac-Artes / Impreso 1º Bac-Ciencias ou Humanidades

4º ESO de 11 a 12 h. Impreso 4º ESO
3º ESO 12 a 13 h. Impreso 3º ESO / Impreso 3º PMAR
2º ESO 13 a 14 h. Impreso 2º ESO
1º ESO 13 a 14 h. Impreso 1º ESO

As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro seguindo as normas de hixiene que a situación actual obriga. Para poder cumplir co distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, será preciso solicitar cita previa no teléfono 986590104.

O alumnado que veña doutro centro, agás os procedentes do CEIP "Pérez Viondi" ademais da documentación que figura relacionada abaixo deberán meter no sobre branco unha certificación académica oficial dos estudos realizados anteriormente.

O alumnado no momento da matricula presentará:

  • Dúas copias cubertas e asinadas do impreso de matrícula do curso correspondente que se presentarán na ventaniña de secretaría para o seu selado (ver táboa superior).
  • Un sobre branco DINA4, co nome completo do alumno/a e o curso no que se matricula na parte exterior e no seu interior estarán, debidamente cubertos e asinados, os seguintes impresos:

Os impresos deberán descargarse das ligazóns sinaladas en azul. O sobre blanco deberá mercarse.

As dúbidas sobre a materias ou itinerarios serán atendidas nos seguintes enderezos:

  • pilmeijome@iesgarciabarros.org (orientadora)
  • direccion@iesgarciabarros.org (directora)

Aberto o servizo de préstamo para o verán da MeGaBiblio!

Se queredes levar un libro este verán podedes acceder ao servizo de préstamo da MeGaBiblio neste horario:

Luns 22: de 10:30 a 12:00 horas.

Martes 23: de 10:30 a 14:00 horas.

Xoves 25: de 11:00 a 12:00 horas.

Luns 29: de 11:00 a 12:00 horas.

Martes 30: de 10:00 a 11:45 horas.

Para devolver libros podedes entregalos en conserxería, no horario de atención ao público.

Fin de curso: entrega de notas, revisións e consello orientador

No enlace podedes consultar toda a información referida ao fin de curso para a ESO e 1º de bacharelato.

Enlace ao calendario detallado.

Datas clave:

  • Día 23 ás 17 horas. Publicación das notas na plataforma Abalar Móbil.
  • Día 25 entre 10 e 14 horas. Revisións co profesorado da materia.
  • Días 25 e 29 entre 10 e 14 horas. Solicitudes de revisión ante os departamentos.
  • Día 30. Envío dos consellos orientadores.

Devolución dos libros de Bacharelato do Fondo da ANPA

O alumnado de 1º de Bacharelato deberá devolver os libros que ten en préstamo do Fondo da ANPA os días 1 e 2 de xullo, en horario de maña. Os libros das materias suspensas poderán esperar a setembro.

Para alumnado de 2º de Bacharelato anunciaremos nesta web os días de recollida dos libros, que será despois da celebración das EBAU.

Fin dunha etapa para o noso alumnado de 2º de Bacharelato

Realizada a avaliación final de 2º de Bacharelato, titularon 82 dos 87 alumnos/as matriculados este curso.

E acadaron Matricula de Honra, cos catro mellores expedientes: Nuria Sanmartín Figueira, María Mato Requeijo, Mencía Vidal Obelleiro e Ana Quintela Mato.

A todas e todos queremos trasmitirlle a nosa noraboa e os nosos mellores desexos na nova etapa que comezan.

En recordo dos tempo que pasaron no centro, a profesora Marisa Otero elaborou o seguinte video:

Nova en La Voz de Galicia.

Calendario fin de curso para o alumnado de 2º de bacharelato: entrega e prazos de revisión das cualificacións

O vindeiro luns 8, ás 18 horas, publicaremos as notas finais de 2º de bacharelato na plataforma Abalar Móbil. No enlace podedes consultar a información referida a revisión das cualificacións co profesorado da materia e cos departamentos.

Para o alumnado que así o desexe, poderá recoller o boletín no centro o martes 9, entre 9 e 11 horas da mañá, concertando antes a entrega no teléfono do centro, o 986 590104.

Calendario.

AVISO IMPORTANTE: Alumnado 2º Bacharelato

Trámites que debe realizar o alumnado de 2º de Bacharelato que supera o curso na avaliación ordinaria do 8 de xuño:

Depósito do Titulo de Bacharelato (obrigatorio), documentación a presentar:

Matrícula para a ABAU, documentación a presentar:

  • Impreso de matrícula cuberto e asinado. Lembrar que o enderezo electrónico para futuros trámites coa CIUG debe ser diferente ao do MGB.
  • Fotocopia do DNI.
  • Impreso de taxas   (deberá levar tres copias o banco, e no centro entregar unha selada pola entidade bancaria onde se realizou o pago (*).

Os impresos pódense descargar das ligazóns e tamén estarán dispoñibles para recoller na entrada do centro.

Maís información sobre as taxas. (*) Recordamos que no caso de ter dereito á reducción nas taxas deberá acompañar da documentación xustificativa correspondente).

PRAZO: do 10 ao 16 de xuño.

As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro seguindo as normas de hixiene que a situación actual obriga.

Charla ABAU 2020 impartida polo profesor Augusto Otero

A próxima semana o profesor Augusto Otero impartirá unha charla destinada ao alumnado de 2º de Bacharelato: "ABAU 2020: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Planificáronse dúas sesións (co aforo limitado):

  • Xoves 11, ás 12:15h, en Usos Múltiples (prazas agotadas).
  • Venres 12, ás 12:15h, en Usos Múltiples (prazas agotadas).
  • Luns 15, ás 12:25, na Aula de 2º de Bacharelato C

O alumnado interesado en asistir deberá anotarse cubrindo un formulario que recibirán por correo electrónico.

ABAU 2020: Normativa e organización. Aspectos prácticos.

Na seguinte ligazón pódese acceder a toda a información que o alumnado debe coñecer sobre a normativa-organización que regula a ABAU e os seus aspectos máis prácticos:

PRESENTACION CHARLA ABAU 2020

Respectando todas as medidas de prevención establecidas, programaranse varias datas para a celebración presencial da charla impartida polo profesor Augusto Otero, en varias quendas e con aforo limitado. Informoremos nos próximo días.

Distribuir contido